Partido Popular
![]() |
Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor. Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Partido Popular e moito menos en quen votou nas últimas eleccións. Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!! Como ser divertido e non só idiota. |
![]() |
![]() |
Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa! Este artigo ten un alto contido de humor galego. Se non é desta rexión sacra, é probable que non entenda algunhas cousas. |
Partido Popular de Galicia, que non galego (PPdeG) | |
---|---|
Fronte de partidos políticos inúteis de Galiza | |
Líder | Don Manuel. |
Fundación | 1981 |
Sede | Madrid |
Ideoloxía | Nacionalismo español, Europeísmo, Gabachismo, Alemanismo, Loita de clases, Baltarismo, Pepeirismo, Feixismo e contra o Pacifismo |
Representación | 123456789 deputados mercados no Parlamento de Galicia 26511513215 deputados no Congreso dos Deputados 666 concelleiros |
Filiación internacional | Partido Populista de Eurasia |
Mocidades | Nuevas Genraciones de Papá. |


Partido Político fundado por un galego para mandar en España, tras ver que non podía dar un golpe de estado como o seu caudillo.
É a maior organización política de Galicia, as súas faccións principais divídense en clans xeográficos (subidvidios á súa vez en rivalidades persoais) e sectoriais (boina e birrete,urbanita e aldeita).
Índice
Historia do PP[editar]
O PP foi fundado na Transición a partir da Fundación PDP por dous militares que tras leren a Isaac Asimov pretendían que o interregno dos Borbóns durase pouco e así voltase o Franquismo en vez de 400 anos despois só 40 anos, pero meteuse Manuel Fraga no medio e a roubou pros seus intereses fundando o PP, ao ver que non conseguía a presidencia do Estado español exiliouse en Galicia mentres seguía manexando os fíos dende o Monte Faro(Chantada).
A presidencia pasou a José María Aznar que fixo saír da crise española ó Estado fixando o modelo productivo únicamente na construcción mentres invadía outros países (Arxentina, Irak) e comezaba a baleirar as arcas públicas con cartos pro seu partido e sobresoldos (así ser militante do PP custaba menos que selo doutros partidos, mentres no PP pagas 20 euros ao ano noutros partidos políticos tes que pagar mais) mentres finaciaba a Inglaterra pra que seguiran, por favor, ocupando Xibraltar.
Tras perder o poder pola súa arrogancia e malos modos (aínda que desde FAES tenten publicitar que foi ETA e o PSOE os culpables do atentado do 11M) estivo na oposición ata que veu a Crise económica de 2008 e desgastou ó goberno de José Luis Rodríguez Zapatero e por fin Mariano Rajoy, tras ser elexido dixitalmente por Aznar, puido ser presidente das Españas e meter as tsoiras en todas partes mentres se descubría o pastel da financiación ilegal do partido popular que fixo que os pepeiros fosen perseguidos pola rúa mais como seguían a recibir por lei 8 millóns de euros cada tres meses cedo se recuperaron e foron o partido espanhol con mais afiliados.
Accións ordinarias do PPdeG[editar]
- Insultar aos que leven boina pola rúa.
- Poñer todos os nomes das rúas en español,pero non en español latino eh?
- Encher de fábricas baleiras tódolos concellos galegos.
- Traer restos de subvencións.
- Regalar renovacións da casiña da aldea á xente co gallo das subvencións ó turismo rural.
- Látego persoas que falan galego.
- Látego ós reintegratas.
- Látego ós galegos pra que emigren e fagan remesas de capital extranseiro pras Deputacións.
- Encher de cemento as costas.
- Afundir sectores productivos que afean o campo que logo non veñen os turistas.
Líderes do PPdeG[editar]
- Don Manuel: o faraón da Cidade da Cultura.
- Rajoy: príncipe de Pontevedra,obrigado a casar cunha muller guapa.
- Alberto Núñez Feijóo: que fixo do galego un británico.
- Baltar: que construiu unha fábrica de votos en Ourense.
- Xosé Cuiña: eterno aspirante a suceder a Don Manuel.
- Rogelio Martínez: eterno aspirante a suceder a Baltar.
Amiguiños[editar]
- Galicia Bilingüe.
- George Bush.
- Sindicato CSI-F
- Fidel Castro.
- Hanna Montana
- Lady Gaga.
- Saddam Hussein.
- Xoán Pardo.
- Stalin.
- Galicia Bilingüe.
- BNG.
- UPG.
- UPyD.
- PSOE.
- Españolistas.
- As casas de ladrillo visto.
- Os Madereiros.
- Manuel Fraga
- Paco Vazquez
- os borrachos
- Os chalets
- Cualquera casa diferente dun municipio
- Os que non son coma eles, como Nacionalistas Galegos
- Os cataláns, deixando maior
- Os vascos licenza marcianos
- Os asturianos por non unirse Galicia
- España, por licenza Español
- Pignoise.
- La Voz de Galicia.
- TVE.
- TVG.
- Pratos combinados.
- A fariña de Colombia.
- O pron.
- Rei Duio.
- Francisco Franco.
Enemigos[editar]
- O galego (excepto por pepeiros da boina).
- O galego fetén.
- O can de palleiro.
- O ecoloxismo.
- Beiras.
- Os cregos.
- Carod Rovira.
- Artur Mas.
- Castelao (a quen non lle quixeron adicar un ano e logo dan medallas co seu nome).
- Gaioso.
- Superpiñeiro.
- Santiago Pemán.
- Touriño.
- Falange Española.
- BNG (non sempre).
- PSOE (non sempre).
- Anxo Quintana.
- A Raíña Lupa.
Faccións dentro do PPdeG[editar]
- Facción da boina.
- Facción do birrete.
- Facción baltarista.
- Facción oficialista.
- RAF (Racista Albertiano Facción).
- Feixistas: facción de Feixóo.
- Billingüistas: facción da Galicia Bilingüe.
- Galleguistas.
Escisión do PP[editar]
- Múltiples partidos independentes a nivel municipal.
- Vox.
- UPyD