País

De Desgalipedia
Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país, ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas (exército, mariña e aeronáutica), leis tributarias, unha selección de fútbol, un partido comunista e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia, pero, moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Definición[editar]

Illas Putas-01.jpg

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

  • país é unha área xeográfica.
  • nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.
  • estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.
  • terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Historia[editar]

En principio non había nada na Terra, só unha morea de auga, ata que apareceu Manoel Fraga que acabou caendo por aquí. Entendendo que na Terra só existía auga, a chamou Gaya para fixar ese probleminha, creando así a Panxeia, que máis tarde (aproximadamente 4.900.000.000 de anos) foi dividida porque os humanos eran os novos donos, comezaron a ter unhas pelexas, o que fixo que varios saísen chorando e fosen facer independentes, onde crearon gobernos corruptos e autoritarios.

Tipos de País[editar]

Un novo país pode dar moito problema ás persoas que o formaron.

Un país pode ser comunista (Venezuela), cheo de esquimós (Canadá), inútil (Chad), grande (Rusia), pequeno (Luxemburgo), con persoas metidas (Estados Unidos), arrogante (Arxentina), cheo de vagabundos (Brasil), acabado (Somalia), adiñeirado (Alemaña), endividado (Grecia), bonito (Francia), feo (Laos), aburrido (Portugal), esnobismo (Gran Bretaña), con costumes malucos (Xapón), con moita xente (China), frío (Noruega), quente (Arabia Saudita), pobre (Angola), con animais bizarros (Australia), vello (Exipto), novo (Timor Leste), que ninguén lle importa (Bulgaria), illa illada con caníbales (Vanuatu) e outros tipos de clasificacións divertidas, pero por desgraza non dá para escoller en cal destes nacer.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: País.

Outros artigos[editar]