Pablo Picasso

De Desgalipedia

Modelo:Artista

Pablo Picasso foi un artista internacionalista.

Vida e obras artisticas[editar]

Naceu en Andalucía, seu pai era mestre de arte e vivían en comunas okupas onde o pequeno Picasso aprendeu de forma comunista a vivir, ata que o pai pediu o traslado A Coruña, onde seu pai se aburría moito e obrigou ao seu único fillo varón a ser artista, alí Picasso fixo varios fanzines. Debido a verquidos incontrolados de petróleo e súa nai estaba lavando calzóns na costa veu o chapapote e matouna, polo que a familia fuxiu a Barcelona onde Picasso se xuntou con gatoflautas modernistas e entrou de cheo na vida de artista, embebedándose e indo de putas, desde entón convertiuse nun adicto ao sexo.

Picasso quería ser famoso asi que púxose a pintar como un tolo enviando cadros seus a todas partes, afortunadamente en París estaban facendo unha exposición universal e tiñan moito sitio libre no pavillón español asi que o encheron con obras súas e así comezou a facerse famoso, Picasso foise pra alí e desde entón non abandonou Francia, onde era famoso e sobre todo porque as mulleres alí eran moi cascivanas, casándose cunha delas que soia visitar aos pintores espida, cousa que nunca sucedía en Españistán e por iso xa nunca abandoaría Gabacholandia.

Véxase tamén[editar]