Pailán

De Desgalipedia
Ficheiro:Pailan.jpg
Típico Pailán, ou paleto, de cidade.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: ParvoCita2.png
Google sobre Pailán
Pailán é un tipo de persoa conservadora, reaccionaria que quere seguir tal e como está (a pesares de que está mal).

Hábitat[editar]

Soen vivir na periferia das cidades e mesmo nos vellos cascos históricos, onde fan xurdir subculturas marxiais que lastran todo o barrio, hai memso algúns que chegan a alcaldes. Aínda que as forzas escuras tentan prender neles, fano cunha inusitada frecuencia e con moita valencia deles.

Anatomía e conductas[editar]

Debido ó seu peculiar sistema de pensamento adoitan obter formas evolucionadas a partir do home, algúns mesmo chegan a estar embarazados e facer que seus dentes semellen de ouro de tanto amarelo neles. Nelas é frecuente velas encabezano airados debates nas rúas, levar cadelos-patada con longas correas e facer conferencias obstaculizando a rúa e ó tráfico en canto atopan a alguén mínimamente coñecido.

Soen traballar nos oficios que ninguén quere para sí, polo que son moito mais beneficiosos pra sociedade que a policía, os banqueiros, os políticos, os bispos, os intelectuais, os presentadores de TV, etc.

Grandes pailáns da historia[editar]