Palabras de San Xoán retorneadas

De Desgalipedia

As palabras de San Xoán retorneado é un conxuro de protección cristiá contra do demo e seu adláteres, así como tamén matar a tres inimigos á vez. Tamén recibe o nome de retrónicas de San Xoán ou esponsos de San Xoán retornedos; é un dos mellores antídotos cando se che aparece o demo nas encrucilladas (en plan lares viales) e che quere tirar a ialma.

A súa estrutura é un conxunto de frases encadeadas pola repetición de frases curtas cun número ao principio. Foi usado durante moita snoites en lugares como Tenorio e Loureiro de Cotobade, Meira, Valadouro, Quintela de Crecente, San Xoán de Barcala en Negreira, Biduído en Cerdedo, no Deza, en Louredo de Maside,etc

Este recitado está emparentado cos xudeus, xa que tamén teñen algo similar, e ten o mesmo número (13) de respostas (as versións europeas teñen moitas menos e iso que a orixinal ven de Persia do Zoroastrismo) e mantén un culto subconsciente e labrego cara o sol (que é quen comeza o recitado e logo acompañado polo día de San Xoán, onde se produce o sosltilcio)

Recitado[editar]


Á unha, unha

máis claro o Sol que a Lúa.


Ás dúas, dúas táboas de Moisés

de donde San Xoán vai e vén

Á unha máis claro o Sol que a Lúa.


Ás tres, os tres patriarcas

de onde entra San Pedro vaiades decir misa;

Ás dúas, dúas táboas de Moisés

de onde San Xoán vai e vén

á unha, unha,

máis claro o Sol que a Lúa.

Continúase sumando un termo a cada estrofa, ata chegar á derradeira letanía:

Ás trece, trece raíñas do Sol.

Ás doce, os doce apóstolos.

Ás once, as once mil virxes.

Ás dez, os dez mandamentos.

Ás nove, as nove coroas de anxos.

Ás oiro, as oito portas do Paraíso.

Ás sete, as sete lámpadas

Ás seis, os seis cirios

Ás cinco, cinco chagas

Ás catro, catro evanxelistas

Ás tres, os tres patriarcas

de onde entra San Pedro vaiades decir misa;

Ás dúas, dúas táboas de Moisés

de onde San Xoán vai e vén

á unha, unha,

máis claro o Sol que a Lúa.

Foron coñecidas mundialmene ó ser usadas na letra dunha canción do grupo Rammstein.