Papá Noel

De Desgalipedia

Papá Noel ou Santa Claus é o personaxe lendario que segundo a cultura occidental trae agasallos aos nenos por Nadal. É un personaxe inspirado nun Deus que morre no Nadal pra resucitar no Aninovo.

Historia de sangue e neve[editar]

O Home de Tollund, un dos primeiros santa claus da Historia.

Papá Noel naceu cando se decretaron os cambios de órbita terreal que debían facerse pra que o planeta Terra tivera Inverno e Verán, como os homes eran un pouco parvos pra estas sutilezas pensaron que o sol morría o día 25 de decembro e resucitaba o día 6 de xaneiro, facendo posible a volta do bo tempo, pra axudarlle a Papá Noel a facer a viaxe de volta escollían a algunha persoa da tribo de clase social alta, mediante o azar, repartindo entre eles varios pratos de xudías, a aquel que lle tocaba a xudía negra e dura (como a dos roscóns dos Reis Magos) era o que debía ser sacrificado (mediante o esganamento) na turbeira mais próxima.

Co tempo o ritual foi mudando, e agora só se lle fan ofrendas (copa de xerez e un budín) e se colocan calcetíns na cheminea pra que o deus contento polas ofrendas e por crel nel deixe agasallos e benzóns nas casas.

Milagres e aventuras[editar]

  • Creou Coruvigo pra non perder tempo entre poboacións.
  • Mudou en Yasser Arafat pra defender ós palestinos da rabia xudea e da indiferencia occidental.
  • Agasallou a Bush cunhas galletas "especiais" que case o matan ó atragantarse.
  • Creou o rock sendo un vello negro de Louisiana que radiaba música negra en Menfis (Exipto).
  • Encarnou no "Noi del Sucre" pra defender ós sindicalistas do terrorismo da patronal a principios do século XX en Cataluña.
V  C  E h
Nadal
Nacimiento del MEV.jpg
Tarxeta de nadal - Decembro na cultura popular galega - O Nadal na cultura popular galega
Apalpador - Olentzero - Tió de Nadal - Noiteboa - Reis Magos
Cabalgata dos Reis Magos - Epifanía - Panxoliña - Vilancico - Noitevella
Aninovo - Papá Noel - Hold Nickar - Árbore de nadal - Mari Lwyd