Paraguai

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paraguai (homónimos).
Paraguái da Tetá
'
Paraguai
Bandeira de Paraguai
Bandeira
 

[[Ficheiro:|center|250px]]

 
Capital
 • Poboación
Asunción

Cidade máis poboada Ciudad del Este
Linguas oficiais
Castelán, Guaraní
Forma de goberno Ditadura democrática
Fernando Lego
Independencia
De España
15 de maio de 1811
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

n/d

n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

Escondida despois do toque de queda
n/d
Relixión
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


n/d
IDH
Moeda
Xentilicio
Fuso horario
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Membro de: ONU, OEA, CSN, Mercosur, CIN, OEI, Grupo de Río,
Tódolos países do mundo

Paraguai é un Estado da América do Sur, seu territorio está composto de 17 departamentos, cinco pisos, dous traseiros, un ático e a capital. A maior parte dos paraguaios fala en guaraní, a pesares diso España mira para outro lado e di que en toda ese subcontinente se fala español. Actualmente é un dos países tercemundistas a piques de deixar de selo.

Historia

Non ten costa pero sí un canal polo regato Paraná-Paraguai. Actualmente vive en democracia, aínda que tivo o mesmo tipo de historia cos seus veciños: indiada-conquista española-independencia-guerras civís-guerras cos países veciños-ditaduras-democracia no século XXI. A mellor época histórica destes países é nos tempos precolombinos, cando non había impostos, os políticos eran os alcaldes de aleda que repartían riqueza entre todos e os USA non metían as gadoupas.

Todo comezou cando o gran líder guaraní Paraguaio chegou aquí cos seus bravos guerreiros entre o río Paraná e o Paraguai, formando una comunidade anarquista orxiástica onde se vivía moi ben, ata que o Imperio Español enviou a varios mortos de fame a conquistar terras e coa axuda de malotes da rexión contra o Imperio Inca e logo entre os virreis estas selvas foron a dar a mans dos jedis católicos que facían aquí cos indios o que querían....

Cando Napoleón Bonaparte se autoinvitou ao trono de España o Imperio Británico tentou conquistar estas terras pero grazas aos soldados desta rexión marcharon co rabo entre as pernas e non fixeron ningunha película sobre iso, logo os criollos de churrasco de Arxentina puxéronse en plan cos Estados Unidos de América e coa excusa de ir a libertalos do xugo español enviaron aquí un exército. Non obstante, foron corridos a harpazos e independizáronse eles sós, formando a ditarura persoal de José Gaspar melcho et Baltasor de Francia, que enviou a paraguia a outra dimensión e ficou illada pero ultramodernizada, trala súa desaparición secuestrado por un comando terrorista imperialista, quedou de presidente seu sobriño. Como seus veciños eran uns malandros encetouse a Guerra da triple Alianza, onde Paraguai se enfrontou contra Arxentina, Brasil, Uruguai e Cataluña (que tamén se independizara de España).

Tras esta guerra e debido a que xa non quedaron soldados veu a paz que durou moito tempo, pero debido á mala conducta dos católicos sureños encetouse unha guerra civil nos tolos anos vinte, logo unha guerra contra Bolivia e para rematar outra guerra civil, o que levou ao poder a Alfredo Stroessner con axuda de emigrantes nazis ata que nos 80 foi derrocado por un golpe de estado e veu a democracia oligárquica do Partido Colorín Colorado, que gobernou este país durante sesenta anos ata que Fernando Lugo lles ganou. Como isto non o puideron tolerar botárono a patadas coa axuda de Franco e lgoo "gañaron" as eleccións. Actualmente o partido Chapulín Colorado segue gobernando este país con unha versión paraguaia de Silvio Berlusconi.

Xeografía

Limita con España, Arxentina, Estados Unidos de América, Bolivia e Brasil (xa saben ése cacho de Portugal ultramarino). Paraguai está dividido polo muro Río Paraguai, e ambas beiras pero co mesmo sistema viven dúas rexións xeográficas raras raras, na rexión oriental con chaus ácidos e moitos pomberos, camilos coquitos e casadeños rapais; da outra beira do río están os hinchas do 12 de Outubro (a soldo de España), todos os fillos de Fernando Lugo tidos con Mirna Pereira (unha filla brava de Miro Pereira).

Economía

Artigo principal: Economía de Paraguai.
V  C  E h
Mercado Común do Corno Cono Sur (Mercosur)
Big Piggy bank.jpg
Membros: Arxentina - Brasil - Paraguai - Uruguai - Venezuela

Asociados: Bolivia - Chile - Colombia - Ecuador - México - Perú

V  C  E h
Países do mundo · América do Sur
Ole tonto.gif
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela

Países con parte do seu territorio en América do Sur
Francia (Güiana francesa) | Reino Unido (Illas Malvinas)