Pastor

De Desgalipedia
Pastor
Paxxxtor.jpg
Típico pastor un día do Señor.
Información
Editorial Panhumana.
Data de aparición Neolítico.
Creador do oficio un africano.
Alianzas Ningunha.
Compañeiros labregos.
Alias campesiño.
Parentes Científicos, escultores, arquitectos
Poderes Vivir do que dá a bioloxía.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: PaletoCita2.png
Google sobre Pastor

Cita1.pngSon unha das maiores industrias de Galicia, sobre todo en nas serras e montañas.Cita2.png
Vicente Risco sobre os pastores.

Pastor (do latín: Pax taurus), tamén coñecido como vaqueiro (cowboy), é un animal mamífero pertencente á familia dos humanos e semellante a unha versión do humano humanensis, aínda que é menor que esta outra especie de humano. Este mamífero ten un aspecto delgado, unhas patas cortas (polo que é un humano moi veloz costa arriba) e un rabo de gran tamaño pra inseminar o maior número de famias humanas ante de extinguirse.

Atópase exclusivamente en zonas moi restrinxidas do mundo tales como serras, montañas, Himalaia, Atlas, Pirenreos, A Cañiza..., nos países industrializados mudaron a proletarios, obreiros e cidadáns a maior parte, algunha segue sobrevivindo en mandas de pequeno volume con carácter autoconsumista (ou sexa, que se vai comendo así mesmo, hoxe unha perna, mañá un brazo...)

En Galicia considérase extinguido desde os anos 2120, testemuñas da súa extinción foron seus fillos que vivían no campo e traballaban na cidade. Sarmiento escribía xa no século XX que "viven afogados polo Estado e cada vez son mais vellos e ácratas".

Un pastor nunha ilustración do kamasutra árabe.

Historia[editar]

O oficio de pastor xurdiu no neolítico cando o home viu que apesar do que a relixión lle ordeaba á muller ter sexo co marido ,ésta había meses que non tiña ganas e como convivían nas chouzas cos animais e o roce fai o cariño....

Os arqueólogos afirman que os primeiros en ser pastores foron os africanos, según se ven nas pinturas rupestres onde pintaban ós seus grandes amores, Pamela Anderson, extraterrestres, touros, vacas, Helena Galega, cabras, galiñas, ovellas, suidos, chamáns, ovicápridos... mais proba srecentes presentadas por prestixiosos científicos da universidad española da UCAM (Universidade Catódica de Murrcia) de que o oficio de pastor o inventou Deus como parábola de como nos debíamos portar e pra beneficio do pobo Xudeu que así pudio saír de Mesopotamia (terra entre ríos) e ir a Israel (deserto cun mar morto) e non caer no pecado de ter sexo coas mulleres sen non é pra procrear.

Pastores famosos[editar]

  • Buda: tentou ser pastor unha tempada pero o de espertar antes co sol non ía con él.
  • Rei David: antes de ser rei era pastor a soldo de seu pai.
  • Xesús de Nazareth: que como Gandhi pretendía que os xudeus se independizasen do Imperio Romano e aproveitasen o ridiculismo de andar coas ovellas pra seren descolonizados. Sóeno pintar sempre cunha ovella ós ombreiros aínda que na súa puta vida andivo este político con ovicápridos.
  • Viriato: antes de ser rei dos lusitanos tivo que pasar polas probas iniciáticas dos guerreiros castrexos e ser pastor na Serra da Estrela.
  • "El cabrero": cantaor anarquista de flamenco rural.
  • Pastor eléctrico: robot que revolucionou a finais do século XX o oficio ao non ter que andar os cans ou un humano a ver por onde riscaban os putos animais e así encerralos entre liñas eléctricas.