Paulino Fernández Vázquez

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Dirty McNasty-01.jpg Paulino Fernández Vázquez é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Paulino Fernández Vázquez
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.


Paulino de Chantada.
Paulino.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XX A. de C.
Chantada Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación asasino en serie.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Chantadés PsychoCita2.png
Google sobre Paulino Fernández Vázquez

Paulino Fernández Vázquez, mais coñecido como "Paulino de Chantada" foi un psicokiller un asasino en serie da Galicia profunda.

Autobiografía[editar]

Nado en Sorribas (Chantada, Lugo) nos tolos anos 20, seus pais eran moi pobres, pero honrados, e como Paulino aparte de ser pobre tentaba agochalo e darse aires tódolos cativos ríanse del porque o coñecían de sobra, asi que Paulino en canto Franco llo permitiu emigrou a Alemaña.

En Alemaña traballou nos altos fornos, onde ficou medio xordo xunto a outros miles de castarbeiters, tivo que voltar a España pra cumplir o servizo militar obrigatorio, pero como estaba medio xordo tiña pés planos e un padriño cura o absolveron de facera mili, e voltou pra Alemaña a seguir deslombándose. Nos 70 coñeceu a Pura Puga Soutomaior, unha rica vinculeira 10 anos maior que él, rica e tola, mais isto non foi escrúpulo pra Paulino, que casou con ela a pesar das advertencias dos familiares de ambas familias, así Paulino puido deixar de emigrar.

Nos 80 a súa dona virou cega, por si fora pouco Felipe González metéranos na Unión Europea e comezouse a producir menos leite e a terra comezou a valer menos que un can canceroso, Paulino traballaba só no seu capital mentres os veciños lle movían os marcos de vez en cando, se insultaban, ameazas cos sachos, etc. Como non soportaba a desgracia na súa casa comezou a ir á capital, onde namorou de Tareixa de Braganza, unha puta brasileira que dicía ser da familia real portuguesa; como acía moi ben as mamadas Paulino namoriscou dela e sempre lle levaba uns chourizos da súa casa.

Mais un día Tareixa, seu amor, desapareceu (algún din que foron os GAL) e Paulino deixou de ir ó club de carretera nacional, dándolle ó LK polas mañás e indo mercar aceite a un camión en vez de facelo na tenda de toda a vida, así colleu o aceite de colza e lle comeu as neuronas. daquela criu fecha un bo plan mercándolle unhas terras a monte duns parentes do Brasil, que tanto lle lembraban a seu amol tramontino(algún din que a enterrou alí), como se atopaba algo indisposto e non facían outra cousa que se lle aparecer uns mouros foi ó médico, que o enviou de cabeza a Toén (Ourense) ó manicomio onde lle mataron as poucas neuronas sás que tiña e voltou, sen sabelo, cunha esquizofrenia pra casa.

A matanza de Chantada[editar]

O martes 8 de marzo Paulino foi á vila (enténdase, a Chantada) onde foi gastar unhas pesetas ó avogado pra preguntarlle porqué non aparecía seu nome no catastro dunhas fincas súas, voltou á casa, comeu coa familia na keli e como non quixo durmir a sesta (vedes? é moi sana) sacou ás vacas ás 15:30 p.m., pero levando canda él un coitelo ceboleiro en vez dun sombreiro pro sol que caía.

Indo cara outra aldea topou con catro persoas, a tres matounas e unha consegiu fuxir mais correu tras ela polas congostras e botóusele enriba pra porlle fin á vida da desgraciada, mais naquel intre apareceu outro veciño que tentou apacigualo mediante cantos budistas, mais Paulino matou á muller e feriu ó budista, indo polo camiño pra coller ás vacas bateu con outra muller, que vira todo, e tamén a enviou con Deus, indo coas vacas polos soutos bateu coa súa prima á que matou e cun vello, que tamén enviou ó Alén.

Voltou á aldea, chamando á porta da súa veciña matou ó primeiro que lle saiu e logo meteuse pra dentro impelido pola forza das neuronas e case logra matar dúas mulleres mais, afortunadamente apareceu un home con pelos no peito e as salvou mentres Paulino se refuxiou na súa casa e se tirou á vida prendéndolle lume a casa.

Víctimas de Paulino de Chantada[editar]

Algunhas ds vítimas de Paulino. Segundo constan informes da Garda Civil, eran persoas moi comúns.
  • Xosé Lago García (morto).
  • Celsa Sanmartín Ledo (morta).
  • Aurora Sanmartín Ledo(morta).
  • Maximino Saa Sánchez (morto).
  • Rogelio Cuñarro (ferido gravemente).
  • Avelina Moure Soengas (morta por 14 coiteladas).
  • Emilio Ramos Blanco (morto).
  • Amadora Vázquez Pereira (morta).
  • Francisco Quintana Saa (ferido grave).
  • Milagros Saa (ferida).

Paulino de Chantada na cultura popular[editar]

Debido a que foi o primeiro asesino en serie galego o seu caso espertou fascinación (pouca, que isto non é ianquilandia) e apareceu en diversos medios:

  • No filme, A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos: nuns informativos unha presentadora di que un novo asasino en serie, Onofre Payá, mataa varios nenos á saída dun colexio por mor dunhas terras, e o asesino declara que en realidade fora posuído polo espíritu de Paulino de Chantada.
  • Na canción "En Texas nonsaben matar" de Siniestro Total: Paulino aparece como un asasino capaz de darlle clases a outros monstros.
  • No xogo de rol "As Crónicas de Gáidil": un personaxe de recheo, Gudruhnh O´Esslinm, comeza nun castro a matarxente porque seus veciños lle andan movendo os indicadores pétreos dos lindes das hortas do socastro.
  • O manga "Erkiyu Osorriba", hai un asasino en serie que aterroriza aldeas cos seus asasinatos-rituais-católicos e o detective Leo Caldas o consegue deter tras tomar beladona dun németon en Allariz.