Pedro Madruga

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Pedro Madruga
PedroSoutomaior.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XV D. de C.
Tui, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Profesión Invadir, reprimir comunistas, prender bispos que non pagan impostos, etc

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Víbora negraCita2.png
Google sobre Pedro Madruga

Pedro Madruga coñecido mundialmente coma Pedro Álvarez de Soutomaior foi un señor feudal da Galiza do século XV.

Vida e obras[editar]

Nacido en Tui, nunha familia rica e de abolengo, pero como seu pai non se casou coa súa nai, e ésta era tamén nobre, déronlle como destino ser príncipe da Igrexa católica, cando el en realidade quería cabalgar, facer razzias, descuartizar, andar cos vasalos de troula, violar labreguinhas gostosas, prender aos enemigos da familia, etc

Pero ése destino era pra o seu irmanastro, que hardaría todo, incluso os deberes de guerrear, prender enemigos e así... o que pasou foi que o que iva ser o herdeiro da familia Soutomaior morreu de Sida, e afortunadamente alí estaba Pedro pra protexer o patrimonio dos Soutomaior frente ás outras familias nobres, sobre todo dos Sarmiento de Ribadavia.

Batalla de Framela, Pedro Madruga repartindo Napalm aos seus vasalos.

tras conseguir ser nomeado vinculeiro e señor de Soutomaior comezou a xuntar vasalos que gostaban das correrías pero con disciplina, con todos eles ocupou Tui e botou da súa cadeira ao bispo, pondo no seu lugar a un primo, logo comezou unha política de Lebensraum respecto dos outros feudos dos seus veciños nobres. Entablou preito coa familia Sarmiento, e como éstes eran uns chupatintas da Corte e non lle gustaba guerrear (non eran uns señores feudais como Bandua manda) pois chegaron a un acordo; para saber onde acababan os lindes de cada feudo deberían saír cada señor feudal da súa "capital" en canto cantase o galo e no sitio onde se atopasen sería a fronteira. Ao día seguinte o señor de Ribadavia ergueuse e ó ir ver que tempo facía pra saber si debia levar saio ou túnica atopouse con que Pedro de Soutomaior se atopaba aos pés da súa muralla:

Cita1.png Moi cedo debe cantra o galo en Soutomaior Cita2.png
Ruxiu o señor de Ribadavia.

Asi que seguiron co preito das lindes e a sachazos entre os labregos vasalos de ambos señores por mor do movemento de marcos os días de néboa.

Semella que tódolos nobres se levaban a matar non si? mais debido ós malos efectos da peste negra e que había unha crise económica sen igual os señores feudais comezaron a incumplir os seus contratos cos vasalos e abusaban demais deles, éstes montáronlle a Revolta Irmandiña e expulsáronos durante tres anos; Pedro Madruga fixo alianzas cos seus rivais e montaron un exército nobiliario que entrou en Galicia con canóns e armas de láser e remataron coa democracia en Galicia.

Estando en Galicia do Sur foise facendo amigo do Rei de Portugal, sobre todo cando éste caeu nunha batida do xabarín e xa estaba o porco a saltarlle enriba cos cairos tintos en sangue e os irmáns do rei sen facer nada (e así se morría alí quedaban eles co trono) e pedro de Soutomaior salvoulle-la vida tras cuspirlle nun ollo ao porco bravo, en agasallo o rei deulle o señorío da vila de Caminha; vendo os Reis Católicos que un nobre galego xa tiña posesións en Portugal antes ca eles decidiron botalo abaixo pouco a pouco, primeiro invitando ao fillo de Pedro Madruga á Corte, alí déronlle tódolos vicios (sobre todo montar monxas) e logo comezaron a comerlla a cabeza até que o rapaz perdeu o siso e xa non lle fixo mais caso a seu pai.

Logo montouse a marimorena debido ás pelexas por quen debía ocupar o trono de Castela, Pedro Madruga escolleu o bando da Beltranexa; trala guerra e vendo que perdían Pedro foi á corte dos reis Católicos e rendeuse con condicións, pero Sabela I de Castela non lle perdoara nada, e fixo que o fillo do Soutomaior lle montaran un preito ao seu pai polo título nobiliario, co que comezou unha liorta na rúa e Pedro Madruga morreu nunha calella asasinado pola ambición do seu fillo.

Morto? NON! Pedro de Soutomaior consegiu fuxir, meteuno en Portugal pola raia seca un contrabandista de vacas, e tras gorecerse nun mosteiro, comezou a idear a súa estratexema e vinganza, arrapañou cos mapas segredos das nova sterras descobertas polos portugueses e foi a España baixo o nome falso de Cristobal Colón.

Alí na Corte consegiu que a araíña sabela I de castela lle dera tódlas súas xoias e colleu uns barcos e fuxiu polo Atlántico adiante coas xoias da soberana, pero no medio do océano atopouse cun continente, América, e xa postos comezou a conquistar outra vez, invadindo Cuba e Porto Rico,co botín regresou á Península Ibérica, onde deu unha entrevista en Baiona pra "La Coz de Galicia" e "Falo de Vigo" por iso de volta sentirse importante. Anos despois morreu mentres o seu neto mataba á súa nai dun flechazo en Salvaterra do Miño por un preito do título nobiliario...

Cantar de Pedro Madruga[editar]

{{|

Pedro Madruga, señor taimado
ó Seminario foi mandado.
Alí aprendéronlle as artes do engado
menos mal que a bispo non deu chegado,
Senón centos de almas tería condeado.

Súa familia o reclama
pois o vinculeiro afogara,
Pedro Madruga o raposo enveleou
malalíngoa iso pregoou.


Gran festa en Soutomaior
Pedro Madruga é xa señor,
cedo seus plans prepara con ardor
ninguén sabe que de nada ten temor.

Ó bispo de Tui apresa
na torre de Fornelos encarcela
o Soutomaior ten arela
de comerse Galicia enteira.

Os irmandiños botan fóra
e con el outros señores da pota
ningún galego aguanta
que lle rouben e violen a horta.

Pedro Madruga e seus inimigos
reúnense pra recuperar os feudos.
Incluso os bispos únense ós vellos demos.

Xa o Soutomaior entra polo sur
e o de Lemos polos Este
e os piratas seguen no Oeste.

rematan cos irmandiños
refan os fortes niños
non saben que pouco lles queda
a señores tan mesquiños.
|}}