Pedro Mariño de Lobeira

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Pedro Mariño de Lobeira
PaiMarinhoLobeira.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIV o 1528
Pontevedra, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 1594
Lima, Bandeira de Perú.png Perú
Nacionalidade galega
Profesión ir de putas, reprimir comunistas, poñerle preitos ós curas
Cónxuxe moitas

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Theon GreyjoyCita2.png
Google sobre Pedro Mariño de Lobeira

Pai (Pedro) Mariño de Lobeira foi un señor feudal da Galiza do século XIV famoso por ter Casa nobre de 5000 vasalos, os cales perdeu por ser vicioso de mulleres, avó de P. Álvarez Mariño de Valladares.

Vida e orxías[editar]

Pai naceu na señorial casa dos Mariño (si, éses que fodían con sereas) en Combarro, alí no pazo de Suatorre sempre andaba agatuñando polas escaleiras pra vér qué carallo tiñan as mulleres baixo as saias, descubrindo, Ouh horror!! que non tiñan nada, isto aínda o estimulou mais pra apuntarse a un ximnasio e sacarse tableta abdominal pra que así ó ensinarlla ás mulleres éstas le ensinasen a crica.

Como seu pai vía que o rapaz iva polo camiño heterosexual, pero sendo demasiado hetero, tentouno encamiñar enviándoo cos reis de Castela a invadir cidades de moros, onde o rapaz daba renda solta ó seus instintos heterosexuais reprimidos matando muslims e levando a democracia a puntos tan lonxanos como Córdoba, Sevilla e Xaén, mais tivo que voltar á Galiza debido a que seus pais agoniaban tras unha enchenta de pementos de Arnoia que non eran precisamente de Arnoia e si do Perú.

Trala morte dos seus pais herdou o título dos Mariño e cedo chegaron á súa porta os portapretendentas (homes enviados polas familias con recados pra que as mulleres non tivesen que saír ó pó dos camiños antes de enfrentarse a un non) ata que un destes lle fixo ver o bo negocio que era casar cunha filla da liñaxe dos Lobeira (que eran de Vilagarcía de Arousa) ó prometerlle unha porcentaxe do 34% na fariña de Colombia e un 98% dos productos da pesca, Pai Mariño casou con Mencía Castro Moscoso Puga de Andrade e Lobeira, a pesar de que a muller era fea coma un croio a dote era guapísima e viviron felices por moitas lúas (sobre todo ela ó descubrir que a noite de bodas non había sexo anal tal e como lle dixeran as súas donas do pazo e si moitas lecturas boas e aburridísimas de vidas de santos que a fixeron durmir e Pai Mariño de Lobeira aproveitou pra baixar onda as soldadeiras a que lle compunxeran un romance en leixaprén de berros e xemidos pseudoorgásmicos).

Non se sabe moi ben como a muller ficou grávida e cando Pai Mariño de Lobeira foi ver a caixa de caudais da súa tulla (pra ver cantos maravedises tiña pra saber a qué universidade católica envialo) ficou pampo ó descubrir que as rendas non eran tantas como el supuña, pediu o libro de contas ó seu administrador xudeu e éste amosoulle un descuberto de 400 onzas alaricanas, 200 dineros castellanos, seis pares de brancas e medio doblón de ouro holandés, por non falar dos dezmos que aínda lle adebedaba á mitra compostelá; como pai quedou inda mais encabuxado fixo unha xira rápida polos seus dominios e descubriu que seu administrador xudeu lle roubaba cartos (según él pra construír un kibbutz en Palestina), que seus colonos agochaban de vez en cando o centeo nas covas do Rei Cintolo, e o pior de todo... que os curas da catedral de Ourense nunca lle pagaran o IBI por unhas fábricas de condóns en Casalvito.

Así que enviou ó xudeu a "darse unha ducha"... puxo na picota un par de cabezas dos seus colonos (escravos medievais) e lle puxo un preito ós curas ourensáns, tras ver que todos os seus asuntos ficaban encarreilados foise de putas, onde namorou de Gadea Rosíndiz (xa que según ela, pertencía á liñaxe decadente de San Rosendo), unha mulata de cen libras de pel e óso e na cara dous soles que sin verbas falan. mais cando súa muller a descubriu agochada nun cuarto escuro do pazo-castelo dos Mariño de Lobeira tres meses despois a colleu como criada e así mandaba no seu home, xa que non lle deixaba tempo libre e a enviaba a todas horas a facer cousas, ata que un día descubriu que a amante recibía mais atencións e diamantes que ela, a lexítima, asi que invitou á mulata a ir de copas cunhas amigas súas e cando a tiveron medio peneque degolárona entre todas no monte canceleiro. Ó ver Pai Mariño de Lobeira que súa flaca non voltaba de Chancelas revirou o fociño e foi a por outra puta que namorar, dando cunha rusa que lle borrou o pouco siso gastando nela garnde cantidade de seda, marisco e carallos franceses (consoladores).

Ó ano seguinte botoulle outra mirada á tulla, non só perdela un bo administrador senón 1000 diñeiros casteláns, 6 pares de brancas, 99000 maravedíses e unha parte importante no negocio da coca, Pai non podía dar creto... e por si fora pouco o preito co cabido de Ourense leváralle outros 7000 doblóns de ouro na soldada do letrado, suborno de alcaides, corchetes e alguacís... asi que Pai mariño foise de putas outra vez; e así entre puta e puta foi perdendo todo o que tiña, ao mesmo tempo que pillaba o mal francés, pro ano seguinte súa muller marcara co fillo pra onde os pais e pegáranlle ladillas, pra desfacrse da pena e das ladillas foise de putas, perdendo polo camiño algún que outro pergameo con privilexios e doazóns reais, ata que perdeu todo e aínda enriba Vasco da Ponte o eternizou así, desta forma tan decadente no seu libro épico.