Peito Burdelo

De Desgalipedia

O "peito Burdelo"(do galego antigo peto:bolsillo, e bordel como club de putas, repasado ó dialecto ourensán como peito=porque era un imposto e habia qe dar o peito ó goberno pra que cho chuchase, e burdelo=burdel, lugar onde se exerce a prostitución) foi un imposto do goberno moro de Al-Andalus sobre os reinos do Noroeste da península ibérica durante a Idade Media.

Tal imposto consistía en entregar anualmente a 100 mulleres virxes(50 da nobreza e 50 do pobo chan) a Al-Andalus, esas mulleres ían a parar ós haréns dos moros, considerados como burdeis polos cristiáns(aínda que a eles ben qe lles gustaría teles).

Historia[editar]

No ano 783, en plena Idade Media, mandaba no Reino Asturgalaico(nomeado como Reino de Asturias no século XIX por historiadores españolistas visigóticos) o rei Mauregato mentres en España gobernada Abderramán I, estando á espreita mais alá dos Pirineos o gabacho Carlomagno.

Como daquela o Al-Andalus ou sexa ,España ,tiña un grande exército e ouro a esgalla os do Noroeste só tiñan vacas e sidra asi que tiveron que transixir con pagar semellane impost se non querían que os moros entrasen e destruisen o único reino cristián da península ibérica, por se fora pouco o rei Mauregato conseguira o trono apioiado por varios nobres contra a lexitimidade do rei neno Afonso II, pra reprimir á oposición mauregtao pactou con bderramán I a tregua e así tiña tempo abondo pra rematar cos seus rivais.

Cando comezaba a primavera todos comezaban a levar ás fillas casadeiras a sarandós, en Abegondo(provincia de A Coruña) alí concentrábanse todas e ian seleccioando una delegación de moros ás mais guapas, despois eran cargadas en galeras e levadas a Córdoba pra repartilas entre os haréns dos xefes e o mercado de escravos. isto durou varios anos ata que no ano 844 ergueuse unha manifestación de indignados de lle deron batalla ás tropas musulmanas e ás tropas do rei Mauregato(que estaban de apoio ós moros pra que os plebeos non iniciasen un conflicto diplomático),conseguindo que Córdoba non seguise a impoñerse de form ata lúbrica.

Esta xesta popular foi aproveitada por unha familia da nobreza, os figueroa, 500 anos despois pra darse protagonismo decindo que uns antergos seus ó teren rotas as espadas colleran pólas de figueiras e segurion a mallar na mourería, mentres que a monarquía afonsina o empregou na súa propaganda a prol da súa lexitimidade fronte a outras familias que querían ocupar o trono decindo que o Santiago Apóstolo baixara a xudar na Batalla de Clavijo aliado con Ramiro I.