Pelegrín

De Desgalipedia

Pelegrín foi a mascota constructivista do Xacobeo durante o Fraguismo. Pelegrín foi creado por varias persoas, todas elas fuxidas do Bloco comunista, como Luís Carballo e algún outro soviet galego para celebrar o gran ano soviético xacobeo de 1993.

A mascota foi presentada entre outras varias, tivo que competir contra o percebe porno, a patacona limiá, a androlla marciana, a castaña pilonga e o cangrexo falanxista. Foi elexido o pelegrín debido a que o xurado estaba formado por unha seita satánica que quería invocar á súa divindade ofrecendo esta trangallada ochenteira ao Apóstolo Santiago, e así este se cabrease e viñese a este lado do espello como Santiago Matamoros e amosase o carácter feixista do novo Estado.

Características do pelegrín[editar]

  • Corpo: seu body está formado por varias cuñas, unha referida ao exército branco e outro ao exército vermello, este cerca do corazón e polo tanto o único e verdadeiro, as mans son triángulos masónicos e a cabeza é unha ameba azul con dous centros adénicos brancos que brillan de noite para afastar á Santa compaña.
  • Instrumento de tortura entroidal: trátase de seu bastón satánico, cunha ameba disforme na punta representando o fígado dos galegos.

Simbolismo esotérico do pelegrín[editar]

O pelegrín representa a un zombie que pelegrina a Compostela, seu corpo está formado por figuras xeométricas, a maioría son triángulos e o resto son amorfas, isto significa que os Illuminati queren controlar o mundo mediante unha organización bipolar da sociedade, uns que sexan os de arriba e os demais os de abaixo, amos i escravos.

Os Amos son as figuras xeométricas, que como podemos ver son dous triángulos soportados á sñua vez por dous triángulos e un brazo. Os triángulos do pé son da mesma cor que a cabaza do seu caxato, representan aos escravos, algúns están organizados e outros son obreiros sen sindicar (amorfos nesa cabaza) que é o ideal illuimnati neoliberal cristián. O resto do corpo son dous triángulos, una base branca (que representa á burguesía) e un peito vermello (que representa ao exército e os bancos), a cabeza pensante é unha figura azul que representa os cornos do Demo, un demo azul ou sexa conservador.

Ten os dous ollos moi xuntos e son o símbolo de mastercard ademais de seren vixiantes do Big Brother para manter esta Matrix, como ben podemos observar o sue único brazo é o DEREITO (ou sexa que pelegrín é un conservador de dereitas) na cal sostén un bastón (símbolo de poder e belicosidade) da cal pendura o que debería se runha cabaza8símbolo do banco, aquí gardan os cartos que lles rouba a calse superior á clase productiva ou traballadora).