Penalti

De Desgalipedia
Execución dun penalti nun encontro de fútbol.
Cita1.pngLadrón do carallo!Cita2.png
Calquera sobre penalti
Cita1.pngNon teño dúbida de calquera afección do equipo que teña un penalti contra o xogador do equipo contrario que supostamente simulaba o penalti, o árbitro e todo o que fora do Real Madrid.Cita2.png
En Xogo sobre penalti

O penalti ou tamén coñecido por algúns equipos como MORTE é o máximo castigo que se pode aplicar en diversos deportes de balón (fútbol, fútbol sala e fútbol praia), consistente nun lanzamento sen barreira, dende unha distancia prefixada, coa clara oportunidade de obter un gol e coa única oposición do porteiro de equipo rival.

Algo así...

En tódolos deportes nos que existe o penalti, é unha xogada que se produce cando un xogador dun equipo é derrubado na área do equipo contrario, ou cando "cae" na área e o árbitro ladrón deixa de notar e asubiar o penalti. Ocorre tamén cando un xogador dun equipo distinto do porteiro decide xogar voleibol dentro da súa propia área, aínda que este último provoca unha merda nalgúns casos nos que é dubidoso: ¿foi a man a balón ou foi "balón en man"? De calquera xeito, é unha xogada bastante sinistra para o equipo que oferta.

Nalgúns deportes, se ó final do tempo regulamentario os dous equipos están empatados, resólvese o encontro cunha quenda de penaltis.

Penaltis en diferentes deportes[editar]

Execución dun penalti en fútbol sala feminino.
  • Fútbol: Asubiarase penalti cando o balón este en xogo e un xogador cometa unha merda violenta dentro da área propia como a posición de alto dentro da área (que se considera unha xogada violenta), facer cartos, romper a perna do outro xogador, golpear a cabeza do outro xogador, quedar espido no medio do xogo, pasar demasiado tempo coa pelota na man (caso de porteiro), xogar a ser porteiro sen ser (caso de lineman), o xogador de pelote para evitar o gol do opoñente, entre outras cousas coma estas.
  • Fútbol sala: Case a mesma merda anterior...
Dobre penalti: Castígase con dobre penalti calquera falta técnica, a partir da quinta, cometida en canto o árbitro perde a paciencia no encontro.
  • Fútbol praia: Concederase o lanzamento dun penal cando se cometa unha falta dentro da área de penalti, delimitada pola primeira liña imaxinaria máis próxima localizado a 370 leguas ao oeste das illas de Cabo Verde.
Execución dun penalti en vaterpolo depende da frecuencia das que un árbitro non se namora.
  • Vaterpolo: Castigarase con penalti calquera falta cometida dentro da área de n metros para evitar un gol probábel, así como a intervención no xogo dun xogador expulsado ou a acción técnica dun membro do banquiño para evitar un gol probábel.
  • Balonmán: Efectuarase un lanzamento dende a liña de n metros cando un xogador do outro equipo evite unha situación clara de gol mediante unha infracción, ou entre deliberadamente na súa propia área de portería para intervir no xogo. (é dicir, é case a merda que o anterior).
  • Hóckey sobre herba: Neste deporte existen dúas sancións co prefixo "penalti":
  • Hóckey a patíns: Castíganse con penalti as faltas cometidas dentro da área da portería propia.
  • Hóckey sobre xeo: Márcase penalti cando un xogador, en posesión do disco, recibe unha falta polas costas (hum...), sen existir máis opoñentes entre el e o porteiro. Pero, o equipo ó que se lle pita o penalti en contra, non recibe máis sanción, é dicir, no acarrea inferioridade numérica e pode vencer aos adversarios a vontade.
  • Rugby: É unha sanción que concede o árbitro cando un try (gol) é inminente e o equipo defensor comete unha infracción coa evidente intención de impedilo.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]