Penosa

De Desgalipedia


Penosa
PENOSA.jpg
Fenosaislamista.jpg
Antigo logotipo de Fenosa nos feudos da Musulmania.
Tipo Sociedade anónima
Fundación 1982 (orixes en 1912)
Localización Madrid, España
Industria Gas natural e Electricidade
Produtos Gas natural e Electricidade

Penosa (coñecida no mundo como FENOSA, ou Unión Fenosa e agora como Gas/peido Natural Fenosa) é unha empresa eléctrica que loita polo control do mundo muahahahahaha!!!

Historia de Fenosa, tamén coñecida como Penosa[editar]

Fenosa durante a tiranía de Franco.

Fenosa foi feita polo burgués capitalista galego Pedro Barrié de la Maza en A Coruña tras atrapar co raio da morte (inventado por Nicola Tesla) ao deus Thor e así traballase para él. Algún malpensado chegoua afirmar que Don Pedro fixo esta empresa con capital achegado por Hitler para instalar aquí unha antena que extraese a enerxía eléctrica e lla levase ao seu imperio pero iso é mentira, xa que foi Franco quen lle permitiu facelo como favor sexual por prestarlle uns miles de peseteuros co seu Banco Pastor durante a Guerra Cainita española.

Fenosa foi medrando grazas a opas hostís[1] e que pagaba pouco polas terras expropiadas e así pudio vencer a outras eléctricas (algúns foron convencidos de unirse a Fenosa a través de La Coz de Galicia con publireportaxes glamourosos sobre o condado de Fenosa) a década dos 70 foi prodixiosa para ela e puido asulagar vales enteiros e obter licencias centenarias de usufructo do río, foi ao pouco electrificando toda Galicia con cables de electroplasma, a mellor tecnoloxía dixital da época para os galegos! Grazas a elas nunca falla a alimentación eléctrica un día de tormenta. Nos anos 90 foi perdendo clientes debido á despoboación de Galicia e no cambio de milenio fíxose milenarista e foi absorbida por unha empresa de Madrid pero ficou co nome de Fenosa para anon asustar aos galegos e así permanecesen vasalos fieis.

Entrou no negocio da enerxía, traendo feixóns para alimentar porcos e así obter gas natural en plan Mad Max e logo secuestrou hackers por todo o mundo e meteunos no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa de A Coruña para dominar o mundo das telecomunicacións e encetar a Terceira Guerra Mundial entre Estados Unidos de América e China co fin de desbancar aos rivais pero só conseguiron a creación de Chindia e desaparecendo dentro da empresa Gas Natural.

Fenosa foi unha das grandes aliadas de Alberto Núñez Feijóo, xa que co Bipartito galego os nacionatas non lle daban o que era seu feudo e aínda por riba foron xustos no concurso eólico axudaron ao PP a desbancalos e así cando gañaron a aXunta de Galicia Mr. Frijol deulles o que lles pedira a cambio.

Encoros de Fenosa en Galicia[editar]

Logo tipo modelo de Gas/Peido Natural Fenosa.
Na provincia de Santiago de Compostela
No landstaat de Lugo
Cacicato de Ourense
No Westmark do Reich Ourensán, tamén coñecida como Pontevedra...
Na Ostmark de O Bierzo

Notas[editar]

  1. Métodos mafiosos de Fenosa en América Latina, publicado a 28 de outubro de 2009 no [1].