Pepa a Loba

De Desgalipedia
Pepa a Loba posando pra "La Coz de Galicia".

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Pepa y PepeCita2.png
Google sobre Pepa a Loba

Pepa a loba foi unha bandida e cantante de rock N´roll do século XIX.

Autobiografía[editar]

Pepa a Loba en plan poser.

Pepa naceu en Fornelos de Montes (Pontevedra), filla duns labregos miserentos tivo que prostituirse durante dous anos para poder pagarse un pasaxe a Arxentina, pero o axente de enganche da navieira a violou e deixouna abandonada nunha congostra en Teis (Vigo); como Pepa non sabía de xeografía deu media volta e polo camiño foi asaltada por unha gabilla de ladróns carlistas, pero ao colella de mala uva pepa matounos a todos, excepto a un,(que logoa diría á Garda Civil que era unha Meiga Chuchona e por iso tiña tanta forza) e o levou candela pra firmar a súa propia banda de asaltantes de camiños.

Pepa a Loba nun dos seus agochos pola serra do Suído.
Pepa a Loba cun da súa cuadrilla nas fragas do Eume.

O malo foi que sempre elexían malos camiños por onde só pasaban labregos miserentose cando non era iso era que batía con Xan Quinto (a competencia), asi que Pepa decidiu ir a un sitio onde sí habia cartos de certo, a unha reitoral; alí consegueu varios centos de reás e con eles consegueu un pasaxe a Cuba, en canto chegou á illa contactou coa colonia emigrante galega, que lle conseguiron un posto de cantante de casino pros americanos, cantando o "troqueletroque" encandilou de tal xeito a un productor que a levou consigo ao hotel e logo á fama.

Pepa a Loba defendendo o seu pelexo.

O productor levouna a un estudio de grabación de discos en pizarra, alí xunto con varos letristas(como o famoso Venancio das pitas) e moito licor café sacaron adiante varios discos e LPs, entre os cales compre destacar "Sempre en Galiza", "Fuches Ti que cagou on palleiro"... gracias ao seu éxito musical nas américas voltou á Galiza, pero unha vez áhí deulle por botarse aos camiños e seguir de bandoleira ata o fin dos ses días.