Pepeiro

De Desgalipedia
Uns pepeiros solucionando todos os problemas de España.

Pepeiro é aquela persoa que foi abducida polo PP, COPE, FAES, El Mundo, La Razón, La Voz de Galicia... pra que se convirta nun especime subhumano do xénero casposo, subespecie facha, clase paleta, familia neocon. É unha das subespecies humanas mais presentes en España, cun grande santuario de protección natural en Galicia.

Orixe[editar]

Típicas mulleres pepeiras amosando o seu amor.

Os pepeiros foron traídos por unha civilización extraterrestre (os V) no século XIX, pra infiltralos na humanidade e así ter as cousas fáciles pra cando viñeran invadir a cara descuberta o planeta Terra.

Se ben trataron ao longo dos séculos de dominar o mundo a través de varias guerras (Guerras realistas, Guerra Civil española en España, Guerras miguelistas en Portugal, creación do Vaticano, Iª Guerra Mundial, Guerra civil Rusa de 1919 en Rusia, derrota da revolución espartaquista en Alemaña, creación do IV Reich con Hitler, IIª Guerra Mundial, Guerra Fría, Guerra de Vietnam, Guerra civil de Afganistán que remataría coa dictadura talibán axudada polo USA, o gaullismo en Francia, Klu Klux Klan nos Estados Unidos de América, o Peronismo na Arxentina, Amencer Dourado en Grecia, etc)

Fisioloxía da raza[editar]

Típico exemplar da raza hispánica pepeira.

Soen ser de estatura baixa, con tendencia a engordar dado o seu alto consumo de carnes vermellas (sobre todo zanco de comunista ou anarka) e alzar o brazo dereito pra atacar ós seus inimigos co cheiro a sobaquina (aínda que demagogos esquerdistas seguramente dirán que está a facer o saúdo nazi), algún usan bigote aínda que a maioría prefire levar o pelo curto. Nas mulleres apréciase polo uso de peiteados de pelo liso e de cores louras, asi vestir coma se fosen segredarias, botas altas estilo xinete sadomaso, colar e colgantes de pérolas e abuso de maquillaxe, asi como de crenzas extravagantes en criaturas sobrenaturais e de lecturas estilo 50 sombras de Gray (pero na intimidade e forrados cunha capa opus deina).

Cultura[editar]

A cultura pepeira está basada no nacionalctolicismo e no que vomiten a COPE, Intereconomía, Telemadrid, FAES, libertad digital, punto radio, etc

Soen ler libros sobre vidas de santos (o que ven sendo literatura fantástica), sobre os malvados que eran os comunistas na URSS, sobre os malos que rena os ROJOS na Guerra Civil Española, dos perigos que evitou Franco a España e de bibliotecas enteiras cheas coas obras de revisionistas neofranquistas como Pío Moa, David Irving, César Vidal, Baruch Marzel, Jiménez Losantos, José María Marco, Angel Martín David Rubio, Sánchez Dragó, Carlos Dávila, Eduardo García Serrano Jr;. Hermann Tersch, Juan Manuel de Prada, Luis Suárez, Carlos Seco Serrano, Jose Javier Esparza, etc

Costumes[editar]

Seus compañeiros de viaxe.
  • Votar ao PP.
  • Escoitar a COPE ou Punto radio.
  • Votar ao PP, aínda que teña a todos os seus dirixente corruptos.
  • Ira misa a pedir pola volta de Franco e Manuel Fraga.
  • Votar ao PP.
  • Perrear con monxas no Val dos Caídos.
  • Ir de excursión anula ao Monte Faro a invocar a Primo de Rivera.
  • Ir a misaa pedir pola volta de José María Aznar.
  • Ir a concertos de Xoán Pardo e Leticia Sabater pra fartarsea beber viño vendo cus e tetas.
  • Ir a manifas contra o matrimonio homosexual.
  • Votar ao PP, a pesar de vender Madrid ás Vegas.
  • Ir a misa e confabularse na sacristía cos sociatas contra os bloqueiros.
  • Ir a manifas pra esixir que as mulleres obedezan ó Papa.
  • Vestir estilo Dinastía.
  • Poñer bandeiras españolas por todas partes.
  • Ir a manifestacións contra Cataluña.
  • Ir a misa a pedir pola volta de Filipe II.
  • Ir a manifestacións contra o dereito de outras persoas(a decidir sobre o embarazo,a casarse con quen queiran, a decidir si queren estar en España, etc).
  • Ir onda diga o bispo.

Véxase tamén[editar]