Pero Pardo de Cela

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Pardo de Cela
Pardocela.jpg
Información
Nacemento Probablemente c. 1425
Betanzos, Acoruña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 17 de decembro de 1483
Mondoñedo
Nacionalidade galega
Ocupación Fundador

Cita1.pngQuizais quixo dicir: William WallaceCita2.png
Google sobre Pero Pardo de Cela

Pero Pardo de Cela foi un presidente da Xunta de Galicia alá pola Idade Media asasinado polos Reis Católicos.

Vida, milagres, orxías e badaladas a media noite[editar]

Pero naceu en Chantada, segundo fillo dunha familia da nobreza de Galiza, ao morrer seu irmán maior (por culpa duns constipados) Pero é nomeado vinculeiro e queda cos bens da casa, enchúfano na administración sendo delegado do estado central en Mondoñedo, alí sae tódlas noites pols discotecas pra ver de ligar algunha hembra real e finalmente consígueo e casa coa filla do conde de lemos, ademais o tío dela agasállales coas rendas de todo o bispado.

Pero segue ascendendo e consigue ser alcalde de Viveiro, aproveita as rentas e constrúe un par de castelos nun outeiro nas súas terras e éncheos con latin kings, pero nisto que chega a Peste Negra e as rentas baixan e pero xa non pode darse os luxos de antes, súa muller xa non fode tanto con él porque ten medo a contaxiarse e intérnase nun mosteiro. Pero todo encarraxado toma medidas, botas ós seus latin kings ao monte pra que vaian a depredar ún pouc ós vasalos do conde veciño e tiraralle das orellas dos seus propios vasalos que non pagan as rendas.

A revolta irmandiña[editar]

Artigo principal: Revolta irmandiña.

Debido a alza do Euríbor xunto cunha devolución da moeda por parte do rei fai que as cousas empiroen, asi que os burgueses de galicia álzanse en ramas contra sos señores feudais, é a Revolta Irmandiña, a Pero Pardo bótano fóra da Galiza xuntos coas da súa clase social. Pero exíliase en Portugal, alí conspira xunto con Pedro Madruga e o Arcebispo de Compostela pra reconquistar Galicia e ao ano seguinte consígueno, Pardo de cela fai que lle reconstrúan seus castelos, queima algunhas aldeas e colga a case tódolos seus vasalos pra impulsar a economía do lugar.

A guerra de sucesión e o enfrontamento coa coroa[editar]

Artigo principal: Guerra de Sucesión Castelá.
A raíña Isabel a Católica era curmá de Isabel de Castro, a muller de Pero Pardo.

Mais chega outra guerra, a guerra de sucesión entre os Reis Católicos e a raíña lexítima, Xoana a Beltranexa, como a muller de Pero Pardo de Cela é curmá de Sabela a católica escollen o seu bando e axúdana a triunfar. Como premio a nova raíña envíalle un par de rendas e novos nomeamentos ao mesmo tempo que envía un exército pra domar aos señores feudais de Galicia. Pardo de Cela é perseguido por aqueles cos que loitou ao seu lado pola raíña Sabela, consegue refuxiarse na súa fortaleza da Frouxeira e alí ficará asediado durante tres anos.

Como os casteláns non daban sacado ó páxaro da Frouxeira nin sequera ensinándolles os novos números da Playboy que dentro non tiñan conseguen subornar a varios criados e entran dentro do castelo; pero tamén Pero Pardo consigue fuxir de alí e vai ver a unha puta (porque levaba 3 anos sen chingar) e alí despois de foder durante toda a noite deu aviso pra que o foran buscar os casteláns que o apredsarone o levalon a Mondoñedo.

En Mondoñedo fixéronlle un xuízo tipo Xullo do 36, a súa muller ao ver que non se libraba foi cabalgando até Toledo pra pedir perdón polo seu home e seu fillo, conseguido o perdón xa caera a Frouxeira, e lle ían corta-la cabeza. Debido a un preito que tiñan os cregos do bispado e varios nobres pequenos que querían medrar á costa do mariscal enviaron un piquete a unha ponte pola que tiña que pasar a muller do condeado e alí fixéronlle pasar o tempo mentres na praza de Mondoñedo lle cortaban a cabeza a seu home e seu fillo.

Cantar de Pero Pardo de Cela[editar]

O mariscal chamando pola redención da Galiza.

Aló polo tempo dos castelos Pero Pardo de Cela señoreaba

moitas mozas labregas violentaba e ningunha protestaba

tal señoreaba o de señor de Cela.



Aínda seus vasalos protexía contra de herexías comunistas,

cando os reises de Castela foder o querían,

por non elexir a moi puta Sabela.

Sabido era guerra entre dúas irmás,

por codiciar o trono castelán,

mais Pero Pardo certa palabra dera e defendía á Beltranexa

mentres Sabela perxurar o tentaba.



Os reis codiciosos son desa natura

mais señores que ninguén procura

mais se non obedecedes o amor pouco dura,

Pero Pardo de Cela esa lei non atura.



O marechal polos seus chama

e ningún deles lle falla

Veñen os de Outomuro, Cedofeita e Carballada

súa familia toda a él se achega pra vingar a canallada.


Á alta fortaleza suben, desde alí ós isabelinos vixían

estes todo o van queimando, ningunha arboreda perdoarían

en chegando ós altos muros aldrexaban e cerco poñían

Corren os días, no castelo presos e seguros están, toda festa facían.


Alí os altos señores de Outomuro dentro se solazaban

garndes comida strouxeran e ningún prato perdoaban

os de Cedofeita viño e hidromel transportaran

ninguén fame e sede pasaban

os de Carballada pobres non eran pero tempo non lles dera.


Entre ees estaba o sabio Merlín, que a defensa trouxera seu canón

tamén o bravo Roldán, batalla non se perdía o moi toleirán co seu espadón

Santiago matamouros non puido chegar nos eu lugar veu Rei Cintolo e seu misilón

tamén se achegou a Raíña Lupa e Rei Duio, xuntos trebelan nun bélico maquinón.


Días e mais días, os casteláns isabelinos as murallas atacan

ningún deles, por moi forte que sexa, as traspasan

Incluso chegan mais exércitos, o arzobispo de Compostela e outros señores se achegan

A pola paz non veñen, a Pardo de Cela súa caeza queren

O mariscal e seus homes boa malleira lles dan.


así acabou Pardo de Cela.


Casteláns e arzobispo non poden mais, pero a cabeza do Mariscal prometeron

conxura ó demo e mailo PP os dous so batidos e cedo marcharon

Xa á OTAN chamar querían, cando un cuñado do Mariscal, avisados se achegaron.

Pois tiña gran medo do que viñera despois, e as costas garadar se quería o moi felón.


O cuñado do Mariscal negociou cos casteláns

moito ouro quería e na tele como un heroe saír quería

os isabelinos firmaron,o cuñado firmou e a testa do marechal correu.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Pardo de Cela.

Outros artigos[editar]