Petroglifense

De Desgalipedia
Tipica petroglifense facendo petroglifos.

Os petroglifenses son unha etnia que habitou o Noroeste da Península Ibérica despois dos Megaliteiros, grazas á súa gran tecnoloxía evolucionaron dando lugar aos Galaicos ou castrexos.

Orixe[editar]

Un petroglifeiro descansando tras facer un magnífico petroglifo onde conta sñuas fazañas sexuais do Fuch Fuch Fuch.

Tralo Neolítico os extraterrestres da distante lúa LV-223 viñeron a traer un pouco de sofistificación aos megaliteiros, éstes abandoaron o seu comunismo primitivo e comezaron a facer aldeas mais xuntas e con muros así como en grabar nos cotos e penedos as súas relixións e fantasías eróticas.

Historia dos petroglifenses[editar]

Dita civilización extraterrestre xurdeu en Tui e desde alí foise extendendo a todo o mundo, desde Portugal ata Inglaterra (onde ós petroglifos lle chaman cup-marks) creando un imperio con grande control sobre os recursos naturais e a maxia; pero debido mala influencia de certos persoaxes belicosos fixeron que esta grande civilización comezara a caer na decadencia tras séculos de conquistas e foi esmorecendo entre grandes conflictos internos e guerras civís ata finalmente perder os seus coñecemtnso esotéricos e ficaron pobres e perdidos ao ver que perdían unha a unha as súas minas de cobre e estaño; para protexer o que aínda lles quedaba inventaron os castros pra poder manter un mínimo de civilización antes de caer na barbarie traída polo Imperio Romano.

Economía[editar]

A economía do pobo petroglifense dependía dos seus grandes coñecementos esotéricos e de non desviarse do camiño luminoso da Forza, pero as riquezas obtidas fixéronos transmutarse nunha cultura individualista e machista que os levou á ruína; entre os factores que lles permitiron tales logors estaban:

  • Agricultura e gandeiría: grazas ó invento de queimar o monte (e iso que aínda non existían os madereiros) pra sementar e o uso de enormes pastizais nas montañas aumentou a demografía (e tamén grazas a que non había condóns) e púidose saír a colonizar novas terras en Irlanda e Inglaterra (onde seguiron a erguer túmulos, mámoas e petroglifos).
  • Turismo: grazas á construcción de pequenas pateras e caiucos feitos de bimbios e coiro puideron traerse de volta a miles de turistas que deixaron divisas de mais valor e facer voar a economía patria, así como traer inventos do Norte (como a electricidade e a pornografía sadomasoquista.)
  • Comercio de fariña: os contactos atlánticos foron capaces de propulsar ó pobo petroglifense cara América e Australia, onde seguiron a facer petroglifos, traer divisas extranseiras e cocaína.

Colonización petroflifense[editar]

Durante os seus longos viaxes debía abastecerse nas súas navegacións de cabotaxe, así que ían poboando puntos da costa ao longo dos seus percorridos, tanto cara o Norte (atlántico) como cara o Sur (mediterráneo e África), co tempo estes pequenos asentamentos-alamacéns transformáronse en cidades. Estas factorías co temo convirtíronse en auténticos centros comerciais, desde Ortigueira até Dublín e Massachusets, e dende A Garda até Atenas e Tombuctú.

O pobo petroglifense contribuiu a crear un importante vínculo entre as civilizacións mediterráneas (Creta, Micenas, Exipto) e atlánticas (Bilbo, Armórica, Bretaña, Canadá) así como inventar o primeiro alfabeto a través de diferentes diámetros en circuliños e coviñas.

Literatura petroglifense[editar]

Entre os temas do pobo petroglifense inventaron atópas de o tema da caza (cinexésia) e o da guerra (épica), estes dous grande temas vitais fixeron florecer a arte petroglifense e amósannos unha rica cultura na que os persoaxes son paradigmas do subconsciente humano que lutan contra do superEU por impar contra ideoloxías conservadoras.

De feito a invención da literatura tal como a coñecemos inventárona eles, xa que foron os primeiros seres humáns en poñela nun soporte que dura moito, a pedra, de tal feito que Literatura siñifica letra que dura, porque? porque está grabada en pedra. Entre as grandes obras literarias dos petroglifenses atópanse:

  • Cacería salvaxe ou caceria infernal: onde un cazador que non cumpre as leis da comuna petroglifeira de repartir a comida obtida entre o seus é condeado polos deuses a perseguir eternamente unha presa imaxinaria como un ionqui unha boa xiringa de heroñína que él só ve.
  • Guerra de material: onde reforzan a memoria comunitaria a través de ficcións militares en verso desgalipédico (as loitas cos Oestrimnios, batallas contra as serpes saefes, contra os do Argar, talaiots, nuragas, micénicos e cretenses), deixando sinal nas laxes grabadas coas súas armas: puñais, alabardas, lanzas...