Platón

De Desgalipedia
Platón.
Platon.jpg
Información
Nacemento Probablemente antes de que naceras ti.
Atenas, Grecia Grecia
Falecemento Seguramente antes ca Xesús de Nazareth.
Atenas, Grecia Grecia
Nacionalidade Modelo:GREb Grego.
Ocupación Darlle á língoa

Platón foi un quentacabezas grego, continuador da seita de Sócrates (a quen lle copiou todo) pra que Aristóteles o fixera famoso. Leonardo da Vinci aproveitou que estaba en Xinzo de Limia pra disfrazarse del e creou tendencia desde entón en cada Oleiro.

Foi un dos cabaleiros do Zodiaco (cabaleiros loitando por un mundo ideal decía seu lema) mais famoso.

Vida e obras[editar]

Naceu nunha familia rica e influente, tivo a mala sorte de bater con Sócrates, o cal o captou pra súa seita alfanumérica e o levou canda el a un mosteiro pagano onde en vez de rezar aos deuses se pasaban o día facendo comidas veganas mentres discutían amigablemente sobre conceptos obvios e así facerse os interesantes diante dos mozos (eran gregos antigos, pasaban das mulleres) ata que Antipa conseguiu que Sócrates voltase ao fogar familiar e Platón quedou de líder da comuna xa que era o único que sabía modo de cociñar anfetas e como podar ben a marihuana, así segiu cos jipimatemáticos e fundou a primeira Academia da historia ó ver que a clase social dirixente (políticos, empresarios, militares, curas..) eran uns ignorantes e así lles sacou miles de pesetas pra súa academia.

Tras un mal viaxe lisérxico viu que vivía en Matrix, que o mundo era unha ilusión feita polas Ideas, que eran seres superiores e vivían de colonizar mentes humanas. Platón meteuse no laboratorio pra poder sacar mellores drogas, tras dúas semanas pechado nunha sauna experimental saíu con só a receta pra facer sólidos platónicos, grazas ós cales consegiu un doutorado no MIT pero debido a que súa academia non era do institucional seus inimigos da USC fixeron que non lle deran cátedra; porén Platón segiu investigando o mundo físico e chegou á conclusión de que a maioría da xente estaba trabucada e é era un puto xenio, por iso conluíu que amellor forma de goberno era a dos mellores, unha troika de filósofos (da súa academia offcourse).

Debido a que botou moza comunista, ésta comeullo o tarro (como logo lla comería ó Che Guevara) pra que fixera realidade o comunismo a base dun estado no que os filósofos foron os únicos que mandasen e pra iso marchou a Sicilia, onde pretendía desembarcar e internarse coa súa guerrilla na selva e desde alí facer unha guerra de desgaste e finalmente dar un golpe de estado pero debido a que eran filósofos e non soldados fracasaron e tiveron que voltar a Grecia co rabo entre as pernas. Tivo que dar moitas galas de beneficiencia pra encher os orzamentos da Academia e recuperarse da súa aventura nazifilofósica, tivoa gran idea de modernizar a súa seita e ordeou novos deuses: A razón, A beleza, o Ben... pero estes non tiveron moito éxito debido a que eran demasiado aburridos, así que inventou a Masonaría pra tratar os temas realmente serios.

Obras[editar]

  • Crátilo: a linguaxe é unha trampa das máquinas pra que non vexamos a Matrix!!
  • Mamón.
  • Fedón: sobre un gicho que fedía moito e recibía ese alcume.
  • Banquete: o botellón antigo dos gregos.
  • República: o Estado ideal é aquel onde goberna o mais listo.
  • Fedro: onde fala sobre Pedro Almodóvar e súa forma de amor.
  • Teeteto: se te agachas cha meto.
  • Parménides: onde se fai pasar por Parménides pra criticarse a sí mesmo e así ter publicidade gratis da súa Academia da presunta competencia.
  • Sofista: o ser é pero non é é así que polo tanto non ser é ser non pero non ser é non é ou ser do é.
  • Apoloxía de Sócrates: onde falña ben de Sócrates e mal de Antipa.
  • Critón: iso é o qe necesitaba un critón de euros.
  • Eutifrón: onde pon a parir ós deuses de seus pais (ai como se enteire Iavé!)
  • Ion: Ion de fai sarcasmo de Martin Códax.
  • Lisis: ponse a parir ós amigos.
  • Cármides: fala de prudencia, unha moza que tivo fai tempo e que nunca lle deixou desvirgala.
  • Laques: libriño onde se fala de como ser un heroe.
  • Hipias a maior: un catálogo de tías boas.
  • Hipias menor: onde discuten sobre que é peor, se Hitler que fixo o mal sabéndoo) ou Aznar (que fixo mal sen sabelo).
  • Protágoras: qué cona é a virtude?
  • Gorgias: aquí fala sobre a labia dos comerciantes.
  • Menéxeno: onde parodia un funeral.
  • Eutidemo: ou Tueudeus.
  • Critias: a Atlántida mola mais que Atenas.
  • Alcibíades I: Sócrates tenta manter sexo anal con Alcibíades.
  • Epínomis: dá consellos sobre como ter fodeamigas.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Platón.

Outros filósofos[editar]