Antepretérito de indicativo

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Pluscuamperfecto")

O antepretérito de indicativo ou pretérito anterior é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e un sufixo modo-temporal "ra".

O antepretérito de indicativo modalmente é real e indica un momento anterior a un referente anterior, é dicir, indica un tempo que pasou antes de outro ou que pasou antes do que pasou antes de que pasou agora: Cando quixen xogar con ela, escordara o pulso.

Valores do Antepretérito de indicativo[editar]

O antepretérito ademais de indicar algo descrita, como aí no inicio do artigo que non vou escribir de novo nin fodendo, pode indicar outras cousas que adoitamos usar no día a día como:

  • De cortesía: pode presentar tamén valores non reais referidos ó presente: Quixera falar con vostede.
  • Estar presente en oracións desiderativas: O demo o levara!
  • Pode indicar unha acción que cumpría realizar no pasado. Tería un valor enfático: Se non xantaches, xantaras.

Formas do Antepretérito de indicativo[editar]

andara varrera partira
andaras varreras partiras
andara varrera partira
andáramos varréramos partíramos
andárades varrérades partírades
andaran varreran partiran

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Antepretérito de indicativo.

Outros artigos[editar]