Poboación

De Desgalipedia
Cita1.pngVostede é parte dunha!Cita2.png
Capitán Obvio sobre poboacións!
Cita1.png¡China é o maior produtor de poboación!Cita2.png
Telexornal sobre poboación

En socioloxía e bioloxía (clases que dorme na aula), unha poboación é un grupo de persoas, ou orgasmos dunha especie particular, que viven nunha mesmiña área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.

A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial outras clases que dorme na aula, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.

Teorías de poboación[editar]

Estas son teorías para explicar os patróns do crecemento da poboación en diversos países do mundo. Segundo a Galipedia, as teorías da poboación poden clasificarse en tres grupos:

Densidade de poboación[editar]

Artigo principal: Densidade de poboación.

Chámase densidade de poboación ao número total de habitantes dividido entre o número de km² dunha zona, rexión ou país determinados. A densidade de poboación mídese dividindo o número de individuos entre a área da rexión onde viven.

Os países coa meirande densidade de poboación son microestados: Mónaco, Singapur, a Cidade do Vaticano, e Malta. Entre os países de maior tamaño, Bangladesh é o que teñen maior densidade de poboación.

Pirámide de poboación[editar]

Artigo principal: Pirámide de poboación.

A distribución por idade e sexo dunha poboación dada, unha nación ou rexión normalmente represéntase cunha pirámide de poboación. Esta distribución triangular coas porcións da poboación no eixo horizontal X e os grupos de idades de cada 5 anos no eixo vertical Y. A poboación de homes está representada na parte esquerda do eixo vertical e a poboación feminina á dereita.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Poboación.

Outros artigos[editar]