Poesía

De Desgalipedia
Lois Pereiro a punto de facer poesía.
Cita1.png

Poesía, xénero delirante
en realidade amante
das matemáticas de Dante
das imaxes dunha bacante
lanzar garimosa seus versos nun principiante.

Inventada polos frikis
adoradores de Isis,
ou polos campesiños burrinis
habitantes de Aztecatlilis.


Aínda que xa ninguén sas dea de comezante
da ciencia da poesía incluso erotizante,
con ardor todos malamente
a abandoan pola Prosa electrizante.

Non sexas ti disis
que algún quedar debe no mundii
que decía o romano morto de sínfisis
antes de espreitar a bárbara proclisis.

As de saber
que a métrica poética debes coñecer
para a Cabanillas barrer
e ti na literatura ascender.

Se a todos queres gustar
pola causa social debes comezar.
Cando xa sexas rico a debes abandoar
e cantar a outras cousas mais vangardistas sen chistar.

Lembra que si pra propaganda traballas
túa autoría non descubras.
É mellor decir que escribiches para Bisbal
que pr´un slogan de Tasfatal.

Cita2.png

Tipos de poesía[editar]

Cita1.png

Eiche de decir, prea
antes de que protestes por iñorante
que un verso libre vou usar
nesta sección porque a min me dá a puta gana e para
unha sección como ésta non vou enumerar de forma prosaica todas as poesías existentes neste planeta e no de mais alá do acá para çá!

Cita2.png

Poesía occidental[editar]

H.P. Lovecraft antes de ser expulsado do instituto, o que o levaría a escribir prosa terrorífica.
  • Poesía Antiga:
    • Poesía grega: inventada por Homero para bicarllelo a tódolos caciques da Hélade e do Peloponeso, así como conseguir que seu discípulo Pornócrates lle deixe encualo, a súa escola foi seguida por outros vaters (nome dos rapsodas gregos mais antigos) e logo decendentizada por poetas aúlicos e membros da nobreza demasiado vagos para ir loitar contra os persas, afortundamante curas lesbianas como Safo a salvaron da barbarie occidental.
    • Poesía romana: todos dirán que é copia do anterior... pero iso é porque non lle prestaron atención á poesía auténticamente romana, aquela qe fala de carallos como columnas dóricas, conas onde incluso vivían adiviñas como a Sibila de Cumas, Numa cantando borracho a IOM, Terencio Moix invocando a Luzdivina, etc.
    • Poesía bárbara: enormes composicións métricas sobre vidas de heroes que matan monstruos, sacerdotisas guerreiras que guían seus pobos cara novas terras, cómics sobre deuses, etc de aquí non se coñecen autores porque os propios guerreiros eran quenes facían poesía, eran tan machotes que non tiñan que proclamra a súa virilidade menosprezando as artes.
  • Poesía Europea: Aquí si que houbo caída do Imperio Romano e decadencia, debida ao cristianismo e seus fanáticos, xa non se voltou falar de carallos, conas, vicios nefandos, etc a poesía voltou a ser toda cantada na Alta Idade Media, logo voltou á escrita pero só para falar de miragres de santos, virxes que se deixan matar antes ca gozar, bispos valerosos e reis piadosos e doanantes de moitas moiiiiitas terras aos mosteiros (que para eso se mataban a escribir chorradas nos pergameos), afortunadamente algúns monxes non eran tan estritos e apenas eran monxes tal como hoxe os imaxinamos e andaban por ahí de tasca en tasca e facendo poesía a base de eructos, contando chistes verdes e tentando foder coas fillas do señor feudal local. Nesta época prodúcese o despertar de Europa e surxen as literaturas de cada idioma seguindo modelos mais ou menos así (historias de santos-historias de reis belicosos pero piadosos-poesías pra enamorar belidas damas e donicelas-historias xenealóxicas-mais historias de santos-mais literatura de amor-poesía intimistabucólicopastorildecandentista-poesía romántica-realismo-poesía de vangardas-poesía rara rara e requeterara contemporánea de verso libre que non gusta nin a seus autores). Este esquema repítese por toda a puñeteira Europa, con pequenas diferencias, así en Galicia faise unha poesía de amor ou falar mal de alguén mentres que en Castela fan poesía sobre cabaleiros, matar, batallas e rezar.
  • Poesía americana (a partir do XVII): debido a que este continente foi invadido por imperios europeos, sufriron a súa impronta cultural e escribiuse igual que na "Metrrópole" ata que os iankis viran tolos debido a intoxicación masiva das fábricas e comezan a marcar o ritmo da poesía mundial e quen non os seguise pois lle mandan un pepinazo atómico ou financian unha ditadura militar e así Arxentina non lle fai a competencia.

Poesía Oriental[editar]

  • Poesía xaponesa: haikus e demais mexericadas sobre flores e espíritos da néboa na vaíña do tanga... ai perdón, da katanga... ai non! da katana.
  • Poesía chinesa: inventada por Shou shé Dar Plocú, escrita por funcionarios imperiais para ter contento ao emperador, ésta foi copiada logo polo Xapón e Corea.
  • Poesía india: falan de aventuras de seus deuses e encarnacións, pereo logo as mesturan que si chakras por aquí, maia por alí, fillos de Buda por acá e putos de Mahoma por Alá e xa a temos liada nun cóctel, iso sí teñen a poesía escrita mais vella do mundo como Atarva-veda.
  • Poesía de Malí: o cenit de África independente e democrática popular!
  • Poesía exipcia: só a usaron para invocar a Osiris, Satán, e a impresionar a inxenuos romanos para venderlles faraonas putas.
  • Poesía árabe: gostan de falar de carallos alzados coma minaretes e longas camellatas cara a Medina mentres paran nun oasis a catar os dátiles locais.
  • Poesía persa: influída polo Mazdeísmo e a corte de putas do Imperio Persa que ían de sofisticados pijos tecnócratas.

Interioridades da poesía[editar]

Se pensabas que usando o verso libre se ía lembrar de ti dentro de 5000 anos é que ou es parvo ou os medios de comunicación che lamberon o cu demasiado tempo, ahí vai unha pequena mostra sobre métrica!!

Pero cómo!? A literatura non se deixa levar polas musas a campos inenarrados onde todo vale?

Ah pailán! Mira e adeprende!!!

  • Verso: sen non controlas o verso nin es poeta non es nada, trátase das liñas que compoñen o poema, según o seu número de sílabas reciben un nome distinto e logo según a súa terminación marcan o rima e o ritmo, o Verso é o todo! Asi que abandoa o verso libre, que é só para modelnos e filólogos vagonetas!

Exemplo de verso libre:

Polo río abaixo vai
unha cadeira gostosa e sozinha

Como podes ver non ten nin rima e noin sequera mediu o número de sílabas en cada liña (verso), agora poderás ver un verso como a Deusa manda!

Antes de ir cagar
pensa nun madrigal!

Ves? ambas liñas (versos, paspán!) rematan en AR e ambos versos teñen o mesmo número de sílabas. Ves como non é tan difícil Yolanda Castaño!?!?!

  • Estrofa: este nome designa a varios versos xuntos, según o número deles (2,3,4,5) a estrofa recibe un nome distinto, isto unido ao tipo de verso e logo a rimas distintas seica é a causa de que os poetas de finais do X e principios do XXI non sepan poetizar e lle den ao verso libre.

E non sigo por estos lares que me calientoooooo!!!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Poesía.

Outros artigos[editar]