Ponteareas
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ponteareas (homónimos).
Ponteareas | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
unha cultista abrindo unha porta interdimensional para Cthulhu | |
Situación | |
Xentilicio[1] | |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Condado |
Poboación | hab. (2019) |
Área | km² |
Densidade | hab./km² |
Entidades de poboación | |
Capital do concello | |
Política () | |
Alcalde | () |
Concelleiros | BNG: PPdeG: PSdeG-PSOE: Outros: |
Uso do galego[2] () | |
Galegofalantes | 100 % |
Páxina web oficial | |
|
Ponteareas é un concello do interior da provincia de Vigo, en breves fará o seu anschluss ao invadir Mondariz-Balneario e colonizar Mondariz atraendo escravos de As Neves.
Índice
Historia[editar]
Foi habitada durante o Paleolítico, e despois os galaicos da tribo dos Grovios castrexos colonizaron o lugar, non foron descubertos polo Imperio Romano ata principios da Idade Media por mor da néboa e os suevos nin coñeceron esta zona.
O seu ponte e impostos foron motivo de pelexas entre Pedro Madruga e a familia rival da Casa de Sarmiento de Ribadavia e o arcebispo de Compostela, colocando cada un cadansúa fortaleza na zona (os Sarmiento o de Sobroso e o Soutomaior a de Picaraña).
Durante a Restauración borbónica do XIX mandou por esta zona o doutor cacique León Mosquera (que tiña terras aforadas en Salvaterra de Miño e Ribadavia, controlando o distrito en nome do superacique Saturnino Álvarez Bugallal creando conflitos contra o agrarismo a principios do XX.
En novembro de 2013 Xesús de Nazareth resucitou no cemiterio municipal e marchou da tumba deixando o cadaleito aberto e tirado entre as silvas, que fixo que o nivel de catolicismo baixara entre os naturais debido á mala educación do amado líder. Grazas á lei electoral (a de que goberne a lista mais votada) de Alberto Núñez Feijóo o BNG pasou a gobernar Ponteareas convertíndoa nun segundo Allariz e facerlle a competencia a Vigo e A Coruña.
Xeografía[editar]
Ocupa o val do río Areas, por iso pasa mais de 300 días ao ano baixo as néboas e cando sae o sol fanlle ofrendas de kilómetros de flores en honor a Francthulhu para que non coma os ponteareaáns ou lles envía a Jack o destripaterróns.
Limita ao norte con Pazos de Borbén, ao sur coa Antártida, ao leste con A Cañiza, ao oeste con Irlanda aínda que según algúns chapóns tamén limita cun Porrito con Tudo o Branco de cor Gris debido ao Smog que nin sequera dá saído polo Miño.
Clima[editar]
Ponteareas comparte caraterísticas comúns con Ourense capital (excepto no do río encorado) polo que só hai dúas estacións: o inverno e o verán, ambas iguais de asfixiantes o resto de estacións (primavera e outono) perdéronse entre a néboa. Afortunadamente hai moitas discotecas, pubs e outros paraísos artificiais de perversión e alcol para fuxir deste clima horrendo.
Parroquias[editar]
Lugares de Ponteareas[editar]
Que ver en Ponteareas[editar]
- Castelo da Picaraña: construido en 1478 por Pedro Madruga para controlar o castelo de Sobroso e mandado derruir polos Reis Católicos en 1482. Constaba dunha torre (enriba da "Pena de Anduriña") e unha cerca arredor, que foron levadas polos veciños para construirse as súas casas, muros, camiños, etc.
- Castro de Troña: habitado por mouras gorentosas de sexo.
- Pena dos Namorados: santuario galaico de Navia que logo foi usado como pedra de adiviñación para así a xente coñecer si ía foder ou non.
- O Corpus: procesión de homes e mulleres cachondos (de ahí lle ven o nome de O Corpus) que se pasean por riba de alfombras de flores provintes das plantacións de opio e marihuana. Celébrase con moita preparación coa xente roubando flores dos parterres municipais do lugar e doutras poboacións que logo desfloran nun ritual de adiviñación para despois dispoñer seguindo blasfemos deseños no chan e así créase unha alfombra feita con flores, pílulas de speed, café, dentes do odiado veciño, areas de cor, sangue humano de neno sen bautizar, etc.
- Ponte das Partidas: feita polos mouros, nela reuníanse sete irmáns (o último lobishome perdidiño) que eran guerreiros galaicos afoutos e tras moitas aventuras foron soterrados en senllos outeiros-túmulos do arredor.
- Pena do equilibrio: feita polos druidas castrexos para equilibrar o ing e iang e así o Qi da rexión faga á xente feliz e próspera. Algúns aproveotan o lugar para facer orxías e botellón e mesmo a ouija para invocar a Francthulhu e seu servo destrutor, o Fragasauro.
- Castelo de Sobroso: fortaleza da Idade Media en Portelas Mondariz, case foi comprada por Julio Iglesias pero ao final marchou con ela os imperialistas ponteareáns que o encheron de tapices e armaduras (algunhas delas animadas pola pantasma do cacique Alejo Carrera) cunha granxa de avestruces no foxo. Feito por Vimara Peres pasou logo á Casa de Traba ata que llela invadiu a raíña Urraca de León na súa guerra contra seu propio fillo Afonso VII. Logo pertenceu á Casa de Soutomaior e logo o rei de Madrid lle deu á Casa de Sarmiento. Actualmente podes visitalo e ver os amplos salóns onde se facían orxías feudais, lugar de fachas na noite do 23 F compondo listas negras para logo ir asasina veciños de outros partidos.
Cultura[editar]
Ponteareanos famosos[editar]
- Saturnino Álvarez Bugallal: Cacique do século XIX, con tanto poder como Eugenio Montero Ríos, que é o cacique mais coñecido debido a que era progresista e Bugallal era conservador e por iso non o alcuman da cacique tamén.
- Telmo Domínguez: famoso polo seu supermercado da drojaína e putas, así como por traer a Cicciolina a Vigo.
- Marylin Monroe.
- Marylin Manson: [email protected] da anterior cando ésta tivo un affaire con Charles Manson.
- Reveriano Soutullo: músico, aprendeu composición con Wolfgang Amadeus Mozart e fundou o conservatorio de Ponteareas para que a mocedade non vai drogarse por ahí.
- Napoleón Bonaparte: militar gabacho, ao ser derrotado por Mr. Bean veuse para aquí e abriu unha discoteca co seu nome.
- Feliciano Barrera: empresario dun holding da socieade do espectáculo.
- Fermín Bouza Brey: xuíz nacionalista galego, a pesar de nacer aquí o Día das letras Galegas celebrouno Fraga en Cortegada (que mira ti, ten dúas rúas con nomes de Ponteareaáns, a de Bouza e Bugallal).
- Álvaro Pino: que mercou unha vespino.
- Abel Caballero: e con éste xa vai o segundo ponteareán como alcalde de Vigo.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Concellos da Comarca do Condado | ![]() | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Mondariz |
![]() Mondariz-Balneario |
![]() As Neves |
![]() Ponteareas |
![]() Salvaterra de Miño |
![]() |
|
---|---|
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa |