Portal:Bretaña

De Desgalipedia
NullAuray banner Port Siant Goustan.jpg
Bandeira da Bretaña Benvido ao Portal da Bretaña!
Donemat deoc'h er Porched Breizh!
Bienvenue sur le Portail de la Bretagne!

</div>

Portal da Bretaña

A Bretaña (Modelo:Palabra estranxeira; Modelo:Palabra estranxeira; Modelo:Palabra estranxeira), é unha rexión xeográfica e cultural que se atopa nunha península no extremo noroeste de Francia. Nos tempos do Imperio Romano a rexión era coñecida co nome de Armórica, aínda que posteriormente chegou a ser un reino independente e tamén un ducado, antes de pasar a ser unha provincia do Reino de Francia en 1532, gobernada como se fose unha nación separada dentro da coroa. A península limita co canal da Mancha ao norte, o mar Céltico e o océano Atlántico ao oeste, e o golfo de Biscaia ao sur. Ten unha superficie de 34 023 km².

A provincia histórica da Bretaña está hoxe en día dividida en cinco departamentos: Finistère, Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Loira Atlántico e Morbihan. Dende a reorganización de 1956, a actual rexión administrativa da Bretaña só abrangue catro dos cinco departamentos bretóns, mentres que o departamento do Loira Atlántico pertence á rexión dos Países do Loira. A súa reunificación administrativa é obxecto de debate.

Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.

Amosar máis contido destacado</div>

Artigo destacado
Lugar de interese
Artigos bos e de calidade

editar 15px Artigos de calidade (0):

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (0):


</div>
Uncyclomedia Commons

Commons

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

no Desgalizionario