Portal:Portugal

De Desgalipedia
Portal Portugal.jpg

Portugal, oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Cunha extensión total de 92.212 km², a súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro Imperio global. O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa.

Portugal é membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Biografía destacada
Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

• ... a vila de Batalha foi fundada polo rei Xoán I para agradecer o auxilio divino concedido na vitoria da batalla de Aljubarrota?
• ... Portugal foi o primeiro país do mundo en abolir a pena de morte?
• ... os portugueses foron os primeiros europeos en chegar a Xapón, a alegrar contra o equipo de Flamengo perder en 1981?

Artigos de calidade e bos

editar

Nuvola filesystems services.svg.png Artigos de calidade (0)

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (0)

Proxectos relacionados

Portais relacionados

editar

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

Dinamarca

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

Galicia

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

Finlandia

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

Irlanda

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

Islandia

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

Noruega

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

Rusia

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

Suecia

Proxectos irmáns

editar

Desgalimedia Commons

en UnCommons

Erro: A imaxe non é válida ou non existe.

no Desgalizionario