Prehistoria

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais

A Prehistoria é a parte da Historia dos humanos mais importante, nembargantes as películas e novelas só nos falan da Antigüidade, Idade Media e Segunda Guerra Mundial !!!!

Prehistoria, Historia e Arqueoloxía[editar]

Véxase tamén: Arqueoloxía.

A Prehistoria comezou en África cando uns humanos tocaron un monolito de pedra negra e ascenderon na consciencia e mataron os primeiros animais e incluso a seus conxéneres!!! Este avance consolidouse tras unha reunión do comité de empresa e así entraron nas covas a facer orxías, para que houbese algo de organización e o mais friqui quedase sen foder e menos sodomizado, inventouse a espiritualidade, así optimizouse o trato dos mortos a base de comelos co gallo de que así entraba en nós e xa non se botaba de menos.

Durante esta época os únicos que fodía eran os pais de familia, incluso o facían coas fillas, así miles de machos quedaban masturbándose ata que alguén inventou a guerra e o botin, conceptos xurídicos que motivaron a invención de mais tecnoloxía e así o ser humano progresou... por culpa do sexo!

Inventos da prehistoria[editar]

A prehistoria divídese en Paleolítico e Neolítico, na primeira parte inventamos:

  • Sexo, antes só se fodía por preñar.
  • Relixión.
  • Windows 1.
  • O Arte, cando os cavernícolas decoraron seus hábitats pechados con fotos de documentais.
  • Chamán, profesión que che permitía vivir dos demais e por riba estar ben considerado.
  • A música, cando o cavernícola Ringo Starr comezou a bater nun tronco ritmicamente tras unha inxesta de froita psicotrópica.

Mentres que no Neolitíco inventamos:

  • O pastoreo.
  • Ilegalización do incesto.
  • A agricultura, e seus derivados como a cervexa e as guerras territoriais.
  • Relixión xerárquica.
  • Arquitectura fixa, como a dos megaliteiros.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Prehistoria.

Outros artigos[editar]