Presidentes dos Estados Unidos de América

De Desgalipedia
Presi de USA.
PresidentsUSA.jpg
.
Información
Editorial DC Comics
Data de aparición Xurxo Washington.
Creador do oficio
Alianzas Cos poderosos e aloumiños ós pobres(por se acaso).
Compañeiros militares, politicastros,militares, multinacionais, militares, multinacionais...
Alias Puto da Puta de Babilonia.
Parentes sociedades segredas.
Poderes É mais poderoso co botón vermello.

Presidente dos Estados Unidos de América é o oficio que todo neno pequeno quere ter, soe vivir nun só país pero domina a todos (e onde non chega coa man chega con algún misil intercontinental ou cun drone).

Comezou a facerse famoso trala Segunda Guerra Mundial cando os americanos inventaron o primeiro consolador e así dominaron o mundo, durante os anos 70 a súa fama estivo un pouco baixa pero puxeron a un actor a facer o papel de presi e desde entón voltou coller fama e prestixo así como saír en moitas películas de Hollywood sobre todo por salvar ao mundo ou á civilización occidental cristiá durante os seguintes séculos ata a mesma Fin do Mundo.

Este oficio está regulado polos artigos 6/69 e 88/666 de O Ciprianillo que fan deste oficio un dos mais famosos e poderosos, xa que tes acceso ao control de varias bases militares ao longo do planeta Terra.

Historia[editar]

Así comezou todo...

A finais do século XVIII as colonias inglesas de Norteamérica uníronse pra independizarse do Imperio Británico debido a que éste quedábaselles cos cartos e despois non vían nin unha triste Obra pública (sobre todo en Arkham e Dunwich) polo que os Illuminati locais comezaron unha campaña de desprestixio do imperio e foron a maiores con mitins onde atacaban con panfletos e obras teatrais nos circos aos británicos.

Tras estas campañas publicitarias conseguiron organizar varias manifestacións violentas nos centros urbáns de Nova York e Insmouth conseguindo que a MTV os sacase no telediario como víctimas e así conseguiron atraer á súa causa mozos de sangue fervente á que organizaron en exército paramilitais cos nomes de IRA e ITA e comezaron unha campaña de atentados contra dos funcionarios británicos.

Pra que ningún ditador se fixera co poder no futuro deseñaron varia sleis pra evitar iso e así os rebeldes estalares tiveron varios altos mandos militares co título de presidente, trala guerra elexiron a un terratenente como presi e así foi o resto de séculos (con excepcións sempre no bando dos demócratas).

Lista de presidentes americanos[editar]

Hipopotamo.jpg Esta lista é taaaan longa que ler é aburrido e sonolento.
Non siga en expansión!
Moitos presidentes tiveron poderes mentais, tanto que conseguiron ver o futuro...
Debido ós múltiples atentados por parte de ianquis o presidente foi mudado por un robot a partires do século XXII.
A veces o presi é un mero boneco.
Optimus Prime será o primeiro presidente non americano dos USA.

Títulos e superpoderes dos Presidentes[editar]

Pra que vexas que o Rock é un instrumento imperialista aquí vemos a Elvis Presley co seu padriño...
Títulos

A persoa que ocupa o cargo de presidente ten anexos os seguintes títulos:

  • Emperador de Occidente.
  • Criptopapa da cristiandade terrícola.
  • Persoa mais poderosa do mundo.
  • Fillo de Satán.
  • Presidente da terra da liberdade.
  • Führer do maior exército do planeta Terra.
Superpoderes

Como chegar a Presidente/Emperador[editar]

  • Ser un WASP (polo menos de corazón).
  • Gañar as eleccións primarias do teu partido.
  • Ter cartiños ou polo menos conseguilos prometendo que logo os devolverá con favores ao estar no poder.
  • Gañar as eleccións a presi do Imperio Occidental WASP.
  • Se eres vicepresidente dos Estados Unidos só tes que matar ou secuestrar ao presi e así chegas a presi.

Sabías que...?[editar]

  • ... de 43 presidentes 4 foron asasinados por súbditos seus?

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Presidentes dos Estados Unidos de América.

Outros artigos[editar]