Primeira República Española

De Desgalipedia
República Federal de España
Primeira República Española

1873–1874
Lema: Plus Ultra
(en latín Máis alo)
Himno: Marcha Granadera e Himno de Riego
Capital Madrid
Lingua Castelán
Goberno República presidencialista
Presidente
 • 1873 Estanislao Figueras
 • 1873 Francisco Pi y Margall
 • 1873 Nicolás Salmerón
 • 1873-1874 Emilio Castelar
 • 1874 Francisco Serrano y Domínguez
Lexislatura Cortes
Período histórico Período finisecular do Século XIX
 • Abdicación de Amadeo I 1873
Moeda Peseta

A Primeira República Española foi un estado federal entre 1869-1874. A Primeira República apareceu cando xa non quedaba outra, todo fora empregado para gobernar España, unha monarquía liberal, monarquía constitucional... nada servía! E así que ao final dixeron, ben, vamos a probar que tal coa República ésta.

O primeiro presidente foi un gorila, entón un mono, despois un catedrático e ao final un cacique, debido aos problemas coa Guerra de Cuba e a Guerra carlista os gobernos duraron pouco (tanto como os da monarquía anterior) e cheos de conspiradores de ambos lados.

Nacemento da República[editar]

A república surxiu debido á crise provocada polos moitos amantes de Isabel II de España, todos querían unha subvención por producir reiciños, como non llela deron expulsaron á raíña e quixeron colocar un rei no seu lugar. Nembargantes non conseguiron ningún, ao final puxeron a un macarrón coma rei pero pasou demasiado tempo a cocer e non serviu pra nada asi que de tirados ao río proclamaron a república.

O transcurso desta etapa[editar]

A primeira medida desta república foi regalar pan e circo aos pobres, pero estes non sabían que facer co circo e comérono tamen provocando unha crise xa que algúns membros do circo eran extranseiros e a ONU tomou cartas no asunto de tal forma que só Suiza, Francia e mailos Estados Unidos de América legalizaron seus tratos con esta nova república e asi esta puido seguir vendendo laranxas a Francia. Peor mentres o Conde de Montpenssier seguía a conspirar contra a república subvencionando anarquistas e carlistas para desetabilizala.

Logo veu o problema entre españolistas e federalistas, gañaron estes ultimos o debate e fixeron federalismo, pero os empresarios comezaron a piratear aos do pobo veciño e foise todo ao carallo.

Ao final esta república caeu na ditabranda dun xeneral, coa previa entrada do garda civil Tejero no Parlamento, e posterior cesión a varios avogados do demo que entregaron o poder ao Afonso XII de España previo pacto satánico.

Presidentes da I República[editar]

Estatua de Nicolás Salmerón tras reunión con Medusa en Almería.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Primeira República Española.

Outros artigos[editar]