Primeiro ministro

De Desgalipedia

O primeiro ministro é un político que serve como xefe da póla executiva mandando máis que o rei ou presidente de determinado país. É xeralmente o xefe do goberno no sistema parlamentario. Para o feminino úsase "a primeira ministra".

Características[editar]

A míudo, un primeiro ministro traballa cun presidente ou un monarca que é o xefe do estado. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido político que ten a maioría no parlamento. As súas principais responsabilidades inclúen coordina-lo goberno, designar ós oficiais do goberno, e á representación do goberno do seu país no mundo.

Os primeiros ministros poden recibir diferentes nomes dependendo do país no que gobernen: así o primeiro ministro de España recibe o nome de Presidente do Goberno, o de Italia, Presidente do Consello, o de Irlanda Taoiseach, e o do Perú, Premier.

Principais primeiros ministros[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]