Prisciliano

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Prisciliano
Prisciliano.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C.
Ávila Bandeira de Galicia.jpg Galicia (antes pertencía á Galicia...)
Falecemento 385
Tréveris Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Nacionalidade galega
Profesión Reformista e cura rojo.
Cónxuxe Alberto Núñez Feijóo

Prisciliano foi un político, reformista coñecido por poñer no mapa a Santiago de Compostela.

Vida e milagres sobranceiros[editar]

Prisciliano nasceu xusto cando o cometa Halley se pousou enriba da súa casa e o viñeron adorar Rappel e Paco Porras. Como daquela Galicia era unha potencia foi polo mundo adiante pra facer espionaxe industrial a Xerusalén, Alexandría,Roma... e cando voltou todo estaba patas arriba porque Adolf Hitler creara ao primeiro cacique e comezaran a dar guerra, Prisciliano refuxiouse nas montañas do Courele comezou a predicar o evanxeo e creando comunas jipis pra repoboar o Bierzo con árbores de marihuana (como vira que facían na India).

Entre os seus milages cóntanse os de:

  • Erguer coa punta do nabo o macizo galaico.
  • Facer que o papa viñera ó NW da península Ibérica.
  • Que Santiago Pemán saiba tanto do tempo.
  • Creou a Superpiñeiro pra derrotar ós inimigos do galego.
  • Grazas a ser novio de Alberto Núñez Feijóo consegiu que éste chegase a algo a pesar dos caciques da súa aldea.
  • Creou as subvencións pra que Galicia parecese que era do Primer Mundo.
  • Derrotou ó Prestige esnafrándo contra uns acantilados (non soupo ver que alí estaba MAn de Camelle...)
  • Fixo que Deus emigrara a Arxentina.
60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Prisciliano.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]