Punxín

De Desgalipedia
Punxín
Escudo de Punxín
Situación
Situacion Punxín.PNG
Xentilicio[1] Puxín pepeiro
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca do Carballiño.
Poboación de pepes e preppies hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Keynes ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngPungín, se dice PungínCita2.png
Francisco Vázquez sobre Punxín
Cita1.pngNo, es Punjín, se dice PunjínCita2.png
Galicia Bilingüe sobre Punxín

Punxín é unha colonia do gran imperio baltárida, atópase en proceso de despoboación grazas á súa cercanía á Deputación.

Historia[editar]

Punxín foi fundado polos Baedios, que prepararon o tereo pra que os reptiliáns puideran baixar mellor e así montar unha gran ovniródromo nesta meseta e invadir a Terra. Afortunadamente os suevos paráronlles os pés grazas ao seu cristianismo, onde guiados por San Wintila levou o seu 69º rexemento de Huscarles á victoria contra dos extraterrestres na Batalla de Freás (o nome ven do frenazo que lles meteu Wintila ós aliens).

O resto da Idade Media este territorio foi anexionado polos monxes (que conseguían terras indo aterrorizar velliños no leito de morte con que irían ao inferno se non lles doaba terras á Igrexa católica) así erguérons e varias comunas monxís en Vilela e Ourantes, debido a que a nobreza virou tola a fins do cambio de era estas terras pasaron a formar parte da Casa de Sarmiento e da Casa de Lemos ata que marcharon pra Madrid deixando Galicia chea de caciques.

Os labregos e pastores seguiron trabalalndo arreo as terras ata que llelo prohibiu a Unión Europea e Madrid mediante o estrangulamento económico, polo que os punxinenses tiveron que emigrar á capital ou á vila se querían seguir vivos.

Clima[editar]

Na zona domina o clima tropical cubano con refachos de vento do nordés de 3 a 4 que fan que exista gran cantidade de furacáns.

Economía[editar]

Punxín vive de recalificar terreos pra que así os punxinenses que tentan voltar ó terruño e plantar un chalé como segunda residencia (a maioría de punxinenses emigrou pra Ourense capital) teñan que pagara mais ao concello e así non o fusionan co seu querido veciño de San Amaro.

Parroquias[editar]

Modelo:Punxín

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Punxín.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Carballiño
Comarca do Carballiño
Beariz
Beariz
Boborás
Boborás
O Carballiño
O Carballiño
O Irixo
O Irixo
Maside
Maside
Piñor
Piñor
non temos escudo
Punxín
San Amaro
San Amaro
San Cristovo de Cea
San Cristovo de Cea
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo