Qi

De Desgalipedia
Así pódese comezar a canalizar o Qi!!!

O Qi é unha tremenda enerxía que flúe polo universo, debido a que está en todas partes pode ser canalizada por calquera ser vivo ou inerte, estes últimos de maneira automática e consciente, polo que sempre é bo levar enriba un cacho de acibeche para canalizar o Qi de forma axeitada en forma de kamehameha contra os da aldea veciña.

Con ela podes facer Kamehamehas (onda vital) ou erguer dolmens sen mancha-las mans, son algúns dos usos feitos con él polos humanos, aínda que tamén son usados para acadar antes un estadio corporal mais avanzado, pola contra non se recomenda usar o Qi como propulsor da iluminación, xa que te pode levar ao lado escuro da forza.

Historia do Qi[editar]

Ao principio só había caos, o ovo primixenio Pán Ku, deu en acumular este tipo de enerxía no seu borde ecuatorial creando unha dinámica inestable que rematou creando o Big Bang, e que el o Universo, o Qi ao ser expelido con tanta forza antes incluso que a materia chegou a acadra a tódolos materiais da creación e por iso se atopa na natureza mesma do Brahman.

Foi no Paleolítico cando o ser humano comezou a decatarse da existencia desta enerxía, pero aínda sen saber como moldeala comezou a experimentar con ela mediante o uso de frautas feitas cos ósos de seus antergos, os chamáns da Galicia profunda comezaron a utilizalo en longos rituais eróticofestivos para conseguir que a roda do tempo seguise un ritmo establecido pola industria agropecuaria, a base de sacrificios de adiviñación e enterramentos rituais.

Según me dixo Vicente Risco, Fu Xi foi quen primeiro desbloqueou tódolos seus meridianos e accedeu á iluminación que lle permitiu acadar a sabiduría total, curar do Sida e ébola, aumentar o tamaño de seu carallo, así foi como Fu Xi se decatou de que existía unha enerxía que non se podía ver, escoitar nin meter en laboratorio, que lle servía para porse cachas sen ir ao gim, foder como un touro lugués durante horas enteiras para complacer a calquera emperatriz e así foi que hoxe en día é moi reverenciado por traer á humanidade este gran ben.

Debido a que xusto despois de andar Fu Xi por todas partes dando a coñecer a través da telentenda os seus descubrimentos chegou o Kali Iuga, ou Período dos Reinos Combatentes, nos cales varios Estados comezaron a pelexar entre sí usando as novas armas a base de Qi, destruindo continentes como Lemuria, Mu e enviando á merda a Atlántida. Lao-Zi e Confucio tentaron voltar ao pasado tan bó que había antes mediante ataques terroristas suicidas e así fixeron que a elite técnicasocial das vellas civilizacións milenarias emigrasen cara o interior do planeta Terra, e promocionando Shambala como lugar de vacacións mais idílico que o Caribe.

Breogán canalizando seu Ki, Chi ou Qi para crear España!!

Unha vez instaurada a harmonía entre Ing e Iang veu a Idade do Ferro, Sócrates tentou arranxar un pouco o tema, e ademias pouco sabía as técnicas axeitadas para canalizar o Qi (que él chamaba Pneuma) polo que só conseguiu crear a Alexandre Magno que destruiu ós vellos imperios e o abroullamento de novas potencias trouxo o dominio dunha raza extraterrestre, os reptiliáns, que invocaron á Forza escura, e só un país, China, ficou libre do noxento dominio alien, ata que os países imperialistas iang de Europa invadiron estoutra illa de armonía ing e iang enchéndoaa de cans que só copian o desequilibrio iang de Occidente. Houbo un intento de sacarse a estes criminais de enriba, Ho Chi Minh conseguiu derrotalos na Guerra de Vietnam pero tras varias décadas conseguir retomar o poder en todo o mundo.

Para reinstaurar de novo a armonía, o destino fixo que outra raza extraterrestre, os Saiáns, enviasen a Songoku para equlibrar o Ki desta zona do universo, tras as súas aventuras abriu unha escola de filosofía e encetouse a Era de Acuario, con todo o mundo (sí, incluso teu avó pepeiro) facendo exercicios de respiración Qi Qung para acadar a armonía universal e fundirse co Todo. Estiveron a piques de conseguir pero no ano 2016 a República Humana Planetaria foi atacada polos Sith, que a enviaron a tomar polo convertíndooa nunha xungla tipo Congo onde veu refuxiarse aquí os seguidores de Palawa, que remataron creando a Orde Jedi tras acadar a iluminación baixo un eucalipto de Mazaricos, así aprenderon a usar o Qi (que eles chaman de forma bárbara A Forza) e comezaron a usala para extender o imperio da paz por toda a galaxia, debido a certos malentendidos e o librepensamento creáronse disensións outra vez, e ala! volta a comezar a roda do Karma...

Como obter Qi[editar]

  • Ter unha alimentación sá, estar en silencio pra meditar, pensa en branco e logo éncheaa de Qi!!
  • Indo entrenarse co mestre Mestre Mutenroi.
  • Pagándolle a moitos monxes e curas para que rezen pola túa alma, así aumenta o Qi persoal e podes subir ao ceo sen problemas.
  • Debido a que está en todas partes, podes captar mais Qi respirando moito e profundamente, Ana Obregón, Pamela Anderson, Christina Aguilera e Tori Spelling conseguiron aumentar o seu Qi e seus peitos!!!
  • Nacer saián, que en canto sae a lúa chea convírtense en monos xigantes que gomitan raios de Qi destrutores.
  • Deixar de masturbarte e ter pensamentos caritativos cara a humanidade, tras estar mais de 40 anos sen facerte manolas e si o ben, poderás concetrate baixo unha aciñeira castrexa e canalizar o Qi creando unha Onda vital para destruir a todos aqueles que se estiveron rindo de ti.