Quarquernos

De Desgalipedia
Os Quarquernos de Pena Maior.

Os Quarquernos foron un pobo galaico preromano da zona da baixa Limia (alta Lima portugués) a súa capital estaba no castro de Rubiás.

Historia[editar]

Estes castrexos antes foron petroglifenses pero debido á presión das modas traídas da Unión Europea fixéronse mais bárbaros aínda, comeando a construir castros pra meter dentro deles toda a riqueza, xa que algún parvo inventara á vez o imperialismo e o capitalismo polo que tiveron que protexerse como puideron.

Foron os primeiros galaicos en ver como o Imperio Romano lle pasaba por diante das narices, polo que baixaron ás chairas a darlles de ostias por estragarlle as lexións seus cultivos de pementos brancos, cando foron derrotados na segunda batalla de Feces de Abaixo ao escorregar seus ponis galegos en ISO... os Bíbalos comezaron a loita de guerra de guerrillas polo Alto de Valdeagua ata que só quedaron os anciáns, que foron detidos por Décimo Xunio Bruto Galaico antes de que se suicidasen en plan Monte Medulio e así repoboou con eles o val do Támega.

Costumes[editar]

Vivían en outeiros fortificados con murallas e torres, rezaban ao deus Bandua, bebían cervexa (caelia) feita con mexo e palla mollada, comían pan de belotas (amargísimooo) e practicaban a agricultura sexual (polo que non tiñan que ir a Castela a facer razzias coma os Quarquernos.

Na súa familia mandaba a muller, tás irmás buscábanche moza e ti só tiñas que ir guerrear por ahí mentre ela sementaba a terra e levaba ós nenos ás castrescolas.

Outros artigos[editar]