Raíña Lupa

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Raíña Lupa
Luparia.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. I D. de C.
Padrón Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Profesión Reinar sobre os galaicoromanos.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Isabel II de Inglaterra.Cita2.png
Google sobre Raíña Lupa

A Raíña Lupa foi unha das gobernantes dos galaicorromanos que se enfrontou as FAES.

Orixe e goberno[editar]

A Raíña Lupa botando o mal de ollo.

A Raíña Lupa nasceu da familia Copor da tribo galaica dos Caporos, dominando desde a Ría de Arousa até Lugo, sendo o territorio subdividio en pequenas sátrapas (como o Rei Duio). Debido ás fortes prácticas de orxías relixiosas Lupa tivo un forte carácter que lle fixo poder mandar sobre os homes que a arrodeaban sen ter que usar vimbios.

Debido á presión dos pobos xermánicos e a crise do Imperio Romano a Raíña Lupa tivo que facer fronte ós Lordomani, sarracenos e cristiáns, finalmente estes últimos conseguiron entrar nas súas terras e ao ver o cachonda que estaba a Raíña pensaron en convertila ao Cristianismo a través dun programa televisivo evanxélico, que finalmente fixo que a Raíña Lupa se cansaran tanto deles que os mandou onde seu tributario, o Rei Duio, pra ver se facía algo bo deles.

Pero o Rei Duio pensou que quería que os formara militarmente e fíxolles correr montaña arriba e montaña abaixo pra facer deles uns bos soldados,pero os cristiáns pensaron que os querían violinar e logo foron por ahí dicindo que o rei os quería meter e aceite fervendo por non seren pagáns coma él.

A Raíña Lupa en Santiago de Compostela.

Finalmente a Raíña Lupa fíxose cristiá pra que os cristiáns a deixaran en paz con tantos sermóns pero cando lle dixero que non podía comer porco irouse contra deles e mandounos pra unhas ruínas dun cemiterio en Santiago de Compostela a ver se os comían os zombis que por alí había, pero os cristiáns aproveitáronse dos zombis roubándolles partes dos seus corpos pra facer reliquias falsas e así fundaron unha grande catedral alí e forráronse ao longo dos séculos.