Radio Galega
De Desgalipedia
A Radio Galega é un instrumento de manipulación mental da Xunta de Galicia integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, que inclúe tamén á Televisión de Galicia (TVG) con escuros intereses. Foi fundada por Manuel Blanco Romasanta para dar a coñecer a súa axencia de colocación así como os seus produtos de alta calidade de segunda man (con algunha que outra mancha de sangue humano pero bueno...).
Índice
Historia[editar]
A Radio galega foi fundada no ano 666 D. de C. co fin de provocar o Armageddon entre os reinos bárbaros de Europa occidental, o Imperio Bizantino, o imperio Sasánida e o Imperio Galáctico para iso se puxo nos carteis do gobernador militar nun día que logo naceu a poetisa emo Rosalía de Castro.
Programas míticos da Radio Galega[editar]
- Galicia en goles: coa súa épica ochenteira intro!!!
- Aberto por reformas: programa onde Xurxo Souto nos amosou que aquí se facía música e non era copia de Xoán Pardo!
- Pensando en ti: nas madrugadas túa avoa confesa que ti non es seu neto porque lle puxo os cornos ao avó co seu mellor amigo!!!!!
- Os tres da baiuca: programa musical reintegrata
- Galicia por diante: onde falan e falan sobre cousas que pasan aquí, con debates animados sobre hentai, parafilias e o futuro de Galicia cunha pirámide poboacional invertida.
- Sala 5: aquí falan de pilículas.
- Aquí Galicia: Galicia ponse ós micros e dán os a súa opinión sobre o sector naval, o lácteo, a puta Unión Europea, sobre ése ppartido ppolítico que goberna Galicia desde fai 20 anos e isto segue igual que entón, etc, etc
- Coñecer Galicia: grazas a estes fíxose a Guía Friqui de Galicia.
- Allegro Moderato: o porgrama favorito de Manuel Beiras e sae el tocando a pianola mentres un do PSOE sube/baixa escaleiras. Soen poñer a parir aquí a Wolfgang Amadeus Mozart e decir florituras sobre Stravinski.
- Somos quen: programa de humor e sátira eróticopolítica... ai non! que ese tipo de cousas non gustan en Galicia, so falan de turistear nas festas gastronómicas e de inventar dunha vez por todas a festa do allo, que é a única que non existe.
- Banda ancha: uns geeks/chapóns tentan facer retrofuturismo e ter algo de robofilia.
- Onda vital: ... XAAAAAAAAAA!!!!
- Crónica das dúas.
- Milenio: Antón Rebollido fainos soñar con aliens, extraterrestres e pesadelos dos nosos avós porque segundo el é o mellor se non podes durmir... ao final está sempre falando do antigo Exipto e de feómenos de Piotr Amorós.
- Diario cultural: programa cultureta da radio galega, se escoitas durante tres veces seguidas algúns dos súas composicións sonoras acabas facéndote comunista tal e como prevía o KGB.
- A Tarde.
- A hora do coiote.
- Quedamos na galega.
Locutores da Radio Galega[editar]
- Xiana Arias.
- Pemón Bouzas.
- Begoña Caamaño.
- Anxo Quintela.
- Belén Regueira.
- Ana Romaní.
- Xurxo Souto.
- Superpiñeiro
Véxase tamén[editar]
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Radio Galega.