Rafael Louzán

De Desgalipedia
Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Rafael Louzán e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.


Rafael louzán
Sabucedo rapa Rafael Louzan.jpg
Información
Nacemento 21 de novembro de 1967
Ribadumia Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Cacique

Rafael Louzán, coñecido como o Gran Führer da provincia de Pontevedra.

Vida e obras[editar]

Louzán xunto con Baltar I e Baltar II, Cuíña, Cacharro e Roger D´Arnoia

Nado nas Illas Cíes levou unha vida ácrata e libertaria sen prexuízos na selva virxe das Cíes ata que seus pais(unha familia importante de Ribadumia enriquecida por medio de préstamos de usura durante o século XIX) o meteron a estudar a crego, alí no Seminario fíxose comunista, coñeceu a un misioneiro no Brasil e partiu con é para empaparse da Teoloxía da Liberación ao tempo que casaba en segredo co misioneiro, pero debido ás tensións na parella marchou ao Mato Grosso para poder vivir coma os primeiros homes.

Alí entrou en contacto con varios tribos e fíxose chamán, ata que un día foi secuestrado por un madereiro que quería destruir á súa triodo sacándolle o seu líder espiritual para facer moreas de cartos, Louzán fuxiu cara Haití, onde se fixo sacerdote do vudú e voltou a Galicia tras ver como un furacán iba deitando vacas nos tellados das casas.

En Pontevedra tentou fundar unha loxia masónica, pero como ninguén quería ser inferior a él meteuse a política, primeiro no BNG, pero ao ver os pobres resultados electorais e que querían transformar á sociedade galega meteuse no PSOE, onde conseguíu mais votos, razón pola cal Manuel Cuiña o captou para o PP tras prometerlle un polígono industrial para Pontevedra e arrebatarlle a Vigo a hexemonía industrial da Galicia do Sur.

Louzán autobús.jpg

Unha vez chegada á presidencia do PP da provincia de Vigo, sacoulle esta denominación á provincia para volverlla poñer a de Pontevedra, ficou como presidente da Diputación e comezou a tecer unha rede clientelar de empresarios e estómagos agradecidos de labregos asoballados da Galicia profunda. Grazas ao se método de prometer obras públicas en cada aldea conseguíu que tódolos concellos de Pontevedra caesen baixo as gaivotas do PP. Todos? Non! Só un pequeño concello fichaba en mans dos irreductibes celtas de Fornelos de Montes.

Para desfacerse deles enviou un comando de obras públicas da Diputación pra chantar os lindeiros do concello rebelde con miles de carteis enormes anunciando obras da Diputación (asfaltado de camiños que non levan a ningunha parte, erguer estatuas a artistas que só coñece súa nai, facer plantacións de eucaliptos siberianos, levar lobos ao monte...) para que os habitantes díscolos visen que estaban sitiados, logo tentou mercar aos candidatos que sempre gañaban con promesas de mais obras públicas (facerlles sumidoiros, construír campos de golf, facerlles parkings con ascensor, erguer unha mini cidade da Cultura...).

Obras[editar]

Louzán mentiroso.jpg
  • Construcción da miniciade da Cultura de Campolameiro.
  • Asfaltado de pistas forestais.
  • Asfaltado de camiños empedrados por Pedro Madruga.
  • Encementado de varios castros de mouros rebeldes.
  • Construcción do museo do mar en Covelo.
  • Rehabilitación e expansión dunha réplica do Titanic no alto de Fontefría.
  • Colocación de antenas de repetición en tódolos castros da provincia.
  • Terraplanición d etódalas mámoas da provincia.
  • Facer campos de golf en cada concello da Galicia profuinda.
  • Facer campos de fútbol en concellos onde as persoas mais novas teñen 50 anos.
  • Colocación de miles de carteis de obras da Diputación en cada aldea da provincia.
  • Erguemento de pontes sobre cada regato da provincia.
  • Modernización da rede de calzadas romanas a base de chapapote por riba.

Desgalería de imaxes de Rafael Louzán[editar]