Ramón María del Valle-Inclán

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Valle-Inclán (homónimos).


Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Valle Inclán.
ValleinclanMOZO.jpg
Información
Nacemento Probablemente no século XIX.
Vilagarcía de Arousa Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 5 de xaneiro de 1936
Santiago de Compostela Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Escribir e viri nos bares cos amigos.

Ramón María del Valle Inclán mais coñecido como Valle-Inclán, foi un un xuntaletras, dramatostón e poetastro galego que escribía en castelán (de Valladolid) que formou parte da corrente literaria do Hipsterismo, atopándose próximo á Dexeneración do 98. É considerado un dos autores chave da literatura hispanoamericana (xa que súas novelas influíron tamén en escritores sudacas).

Autobiografía[editar]

Valle inclán trouxo costumes de Marrocos, como a pipa de kif.

Valle-Iclán naceu nalgunha beira da ría de Arousa, aínda que todos digan Vilagarcía de Arousa porque en Madrid non saben xeografía e claro fíxanse mais no que di unha partida de nacemento que no que di o propio Valle-Inclán (que pra non enfadar a ningún dos seus veciños rematou por decir que nacera nunha barca no medio da ría). Naceu no seo dunha familia aristocrática pero da baixísima nobreza (seu pai traballaba e iso NUNCA o fai un nobre español), o que lle permitiu vivir coma un señorito na infancia e adolescencia, xa que seu pai consegiu ser enchufado na Diputación de Pontevedra (e iso que era amigo de Manuel Murguía que era nacionalista). En Pontemerda tivo a un dos irmáns Muruáis como sensei no arte do bushido o que o levou a practicar moitas veces a ouija na illa das esculturas xunto a outros compañeiros de bacharelato.

Seu pai tentouno encamiñar polo bo camiño e o enviou a Santiago de Compostela a estudar dereito, inxenuo do pai seu fillo era un moinante que se adicou mais a andar nos pubs e bibliotecas que a ir ás aulas, grazas a iso fixo moitos contactos na elite do país e mesmo consegiu publicar algún artigo desgalipédico na prensa satírica galega, na revista Retranca. Tivo a mala sorte de que asistiu a unha conferencia dun escritor famoso e él prendouse da que aire cool que desprendía e xurou ante o mais agrado que el tamén sería escritor.

Mais as cousas viñeron reviradas, seu pai espichouna e el aproveitou pra facer o que lle viña en gana contra todo consello materno, pirou pra Madrid e pra que non lle fixeran bullying por ser galego deu en cecear cal andaluz errante. Alí na capital do Estado paseouse todos os cafés en plena Restauración Borbónica contando chistes e vivindo de sablear a pijas que querían aparentar ser hipsters, consegiu que lle mercaran algún que outro artigo pero vendo que xa gastara os cartos e nin sequera o sacaban en la 2 fuxiu pra Pontevedra, a ver si conseguía algún favor dun daqueles amigos que sí estudiaban e acaban carreiras.

De volta en Pontusveteris consegiu un enchufe nun xornal, pero en México, asi que colleu o cofre e marchou pra lá; aló no país charro traballou pra un xornal traducindo artigos do francés e do italiano sen ter nin puttera idea, mais como abia alí unha ditadura a censura recortoulles moitos textos e Valheinclán cabreouse moito cos censores e os retaba a dóos en calquera lugar, como tivera por sensei da katana a Mutenroi Muruáis consegiu vencer sempre e iso sumoulle mais enemigos que lle foderon a carreira, asi que regresou de novo a África. De América voltou feito un hippie e copiáralle a Clint Eastwood o de levar un poncho e paseándose por Pontevedra en plan hipster falando de forma patafísica, consegiu que Manuel Murguía lle publicara unha telenovela de amor e así xa se sentiu escritor, pero como seguía sen ter groupies volta a Madrid (de Madrid al cielo) enchufado polo PP consegue ser funcionario.

Valle-Inclán perdeu o seu brazo nun combate de sabres luz contra Dart Vader.

Grazas á administración pública anda pola sertulias de Madrid cos cafeses a voltas mentres comezaba a Guerra de Cuba, H. G. Wells escribía "A maquina do tempo"... pero Valle non escribe nada xa que non pasa necesidades gracias ó enchufe e anda de botellón en botellón polas tertulias pseudointelctuais da época, facendo amigos e inimigos polos bares mentres comete simpas, e querer falar só el nas conversas públicas o que fai que se meta en pelexas e perda algunha moa por mor dalgunha puñada. Como vai de bohemio pola vida e non ten ambición xa que seu soldo de semifuncionario lle permite ir comendo, vive nunha buhardilla cunha cama e unha cadeira namais mentres se insulta con outros escritores pola rúa e mesmo se fai independentista cubano (pero non galego) por amores dunha mulata.

Valle inclán en realidade perdeu seu brazo tras loitar contra un amigo seu.

Por si fora pouco púxose a debatir cun amigo sobre aspectos legais-esotéricos do doó e rematou discutindo co seu amigo e seu amigo pegándolle un bastonazo na man que o deixaría manco debido a que non había desinfectantes sanitarios bos daquela. Pra que o asunto deixara de ser patético, Valle inventou varias anécdotas pra poder seguir ligando. Debido a un cambio voluntario de goberno Valle perde o seu enchufe, asi que como non podía ser actor por estar sen brazo (¿?) púxosea escribir coma un tolo e apuntarse a todos os premios literarios havidos e por haber mentres traduce a obra de Eça de Queiroz, o que lle fai gañar algúns duros e poucos brandos, publica contos á moda do momento (o Modernismo) aproveita que se lle disparou unha pistola súa no pé pra facer exame de conciencia e xunto con algunha pipa de kif métese a ficcionar a vida dun presunto tío seu e roubando anécdotase historias dos seus veciños galegos presentándoos como a Galicia profunda e algo superexótico, pra ter mais chica todo primeiro escrebe en galego e despois ó manda á imprenta en castelán, isto publica cambios na gramática e sonoridade o que fai que teña moito éxito na capital, pero o galego segue a ser visto como un dialecto e algo de persoas atrasadas.

Que non! Que Valle-Inclán perdeu seu brazo loitando polo amor dunha hurí do paraíso!!

Grazas ó éxito obtido consegue ligar por primeira vez, asi que se casa coa inxenua Xosefa (da que se divorciará en canto legalicen o divorcio en España durante a IIª República Española) grazas ós pingües beneficios da súa obra novelística e teatral onde sae unha Galicia épicamiserentasupersticiosa, aproveitando que súa muller ten 12 anos menos ca él marchan a Pontevedra pra pasearse pola vila señorita en plan triunfador, pero como ela é actriz e ten unha xira por Hispanoamérica Valle aproveita e faise pasar polo seu mánager e logo ser director artístico da compañía e viaxa por toda a cona sur. Tras voltar seus amigos carlistas fanlle comilonas e ofrécenlle contactos pra anovar a luita federal por España adiante sen saber que Valle é un centralista que mudará de carlista a republicano e ao final a comunista.

Porén Valle Inclán perdeu seu brazo contra un enemigo da democracia.

Regresa a Galicia e deixa en Cambados á muller e fillos pra voltar unha e outra vez a Madrid por seu negocio cultural mentres come dos foros dunha finca, este andar polos arquivos familiares e seu carlismo de pose fan que se lle suban os fidalgos e demais fumes épicos á cabeza e envie ao Rei Afonso XIII un informe pedindo que se restaure na súa persoa o título nobre de Marqués del Valle, vizcondado de Viexin e señorío do Caraminhal, pero a Corte non son parvos e pasan del. A pesar do seu carlismo durante a Iª Guerra Mundial declárase aliadófilo e os gabachos o invitan a ira ver os valentes que son os jeanpaules contra dos hermans a Francia pra que lles faga propaganda en España, conseguindo que un xornal o contratase como corresponsal de guerra duramte dous meses (Só?). En París andivo entre a elite europea do momento pero só coñeceu a outros escritores españoles (e iso que andaban por alí James Joyce, Aleister Crowley, Ernest Hemingway, Fritz Fitzgerald...). Ó voltar quíxose convertir en terratenente no Salnés pero os labregos que non foran á universidade eran mais listos e cobraba pouco deles.

Asi que buscou entre seus amigos e finalmente os do Ministerio fixéronlle un posto especialmente pra el como mestre de estética nunha escola de arte, mentres éstaba nos recreos púñase a escoitar Cuarto Milenio e ver Expediente X en seriesyonkis.com, grazas ás cales bateu co pensamento gnóstico e esotérico europeo que lle quenta tanto a cabeza que só vé Matrix por todas partes, remata deixando seu posto de funcionario e anda pola rúa en plan gangsta rap, inventando o esperpento tras sufrir unha crise graciosa mentres lle facía pupa, iso de ver o gracioso no tráxico da vida o levou por unha nova vía de experimentación literaria nos argumentos.

Como se convirtira nun gurú da moda foi invitado a ir a México onde lle fixeron moita festa porque coincidía coas festas locais, voltou a Madrid despois pra seguir nas tertulias cos pollos novatos que querían escribir e non sabían nin describir siquera a súa primeira vez de forma quente. Nos tolos anos 20 consegue que a policía lle prohiba unha obra, comeza a moverse polos círculos underground e facendo teatro de habitación, ó tentar dar o salto ó teatro comercial bae contra do gusto do público, que estaba malacostumbrado a Operación triunfo, Gran Hermano, etc.

Pra que súa fama non decaia decide parodiar a obra de Benito Pérez Galdós dos "Episodios Nacionales", desde o reinado de Sabela II ata súa epoca, pero só o conseguirá en parte mentres Miguel Primo de Rivera consegue permiso do rei pra dar un golpe de Estado. Durante a ditablanda consegue seu mellor contrato laboral e que o multen por meter bulla nun teatro,vai parar ó cárcere entre presos comúns ao tempo que se afunde a editorial e queda sen cartos. Por si fora pouco comeza outro ciclo político en España coa IIª República.

Durante a República e con 60 tacos consegiu outro enchufe, pero deixou o choio tras pelexarse co seu superior, pelexas coa organización dun concurso... asi que pra librarse del o nomearon presidente do Ateneo onde se fai comunista e durante o goberno dereitista republicano funda a asociación de amigos da URSS, organiza o congreso de intelectuais marxistas pra tocarlles nas narices ós do goberno, que eran dun partido co cal se presentara o mesmo Valle ás eleccións facía anos atrás. Súa muller aproveita que o divorcio é legal por fin e divórciase del. Valle consegue ser nomeado director dunha escola pública española en Roma, e non se sabe porqué pasaba fame (coma todo bo divorciado botáballe a culpa ás dietas que tiña que lle pagar á súa exmuller pra coidar da filla menor), aínda que pola escola aquela se lle viu pouco por estar nas tertulias madrileñas aa que se sentiu enfermo e voltou a Galicia, indo a unha clínicaba recibir radioterapia en Santiago de Compostela (pero Galicia non era moi atrasada e superexótica por iso?) e fuxindo dela de cando en vez pra ir de tertulias, reuníndose con nacionalistas galegos coma Castelao (o cal sempre tentaba convencer a Valle de que escribira algo en galego, sen éxito) ata finalmente morrer tras ver á Santa Comaña baxando por Boisaca.

Valle inclán perdendo o seu brazo contra do nacionalismo español.

Súa exmuller consegiu unha subvención do goberno por ter fillos dunha gran figura española e ficou a vivir dos réditos da obra de seu exmarido o resto da vida.

Sabías qué...?[editar]

  • ... Súa obra estivo prohibida traducila ó galego? Porque un neto seu se opuña e tiña os dereitos de autor.
  • ... perdeu o brazo loitando na guerra carlista defendendo unha idea plural de España?
  • ... andivo desde ós 30 anos ata súa morte sen afeitarse?
  • ... perdeu seu brazo ó entrar nun bazar chinés en Chueca e cando espertopu xa estaba sen brazo?
  • ... inventou un novo estilo literario?
  • ... perdeu o brazo loitando contra Darth Balatar pola liberdade democrática?
  • ... viu vira ditadura de Franco e fuxiu pro alén antes de soportar a ese pelmazo?
  • ... perdeu o brazo por facerlle un fisting a un chapeiro podre de sida?
  • ... foi o primeiro hipster galego?
  • ... lle perdeu sue brazo porque so comeu él mesmo cando pasaba moita fame?
  • ... ía á mesma tenda de lentes que Castelao e Vicente Risco?
  • ... perdeu seu brazo nun dó con espadas en México D. F. contra un censor da ditadura do Porfiriato?
  • ... tivo un affaire sexuá con Vicente Risco mentres andaban polas loxias ocultistas?
  • ... case consegue un papel no filme expresionista de "nosferatu" porque acudía á loxia ocultista Prana films?
  • ... perdeu o brazo nun dó pola cona de Sofía Universaliis?

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Ramón María del Valle-Inclán.

Outros artigos[editar]