Ramón Piñeiro

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Ramón Piñeiro
Ridiculismo.jpg
Información
Nacemento 31 de maio de 1915
Armea de Abaixo (Lama, Láncara) Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 27 de agosto de 1990
Santiago de Compostela Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Escritor revolucionario
Cónxuxe Isabel López

Ramón Piñeiro foi o xeneral da Resistencia "G" ante os invasores "V".

Vida[editar]

Nado en Láncara, Lugo, seu pai era funcionario e tiña 5 irmáns; alí andvio pastoteando as vacas e mentres lía a Schpenhauer, Nietszche, Kant, Poe, Dan Brown, Sherrilyn Kenyon, etc, desta última autora chegou a prenderse de memoria as súas interminábeis sagas de folladores escuros; de adolescente foi enchufado nun comercio en Sarria, onde vivía cos donos, que estaban suscritos a "El Pueblo Gallego", "A Nosa Terra", etc e foille entrando o galeguismo, ou resistencia "G".

Logo foi estudar bacharelato en Lugo na IIª República Española, onde vai a motíns do Castelao, faise amigo de Ramón Otero Pedrayo durante o seu posto nas Mocedades do Partido Galeguista ó ilo buscar á estación. Estando nas Mocedades galeguistas xurdiu certas difreencias entre elas e o partido (debido ó carcácter doutrinal dunhas e do pragmatismo do outro).

En xullo de 1936 en Lugo os dirixentes dos partidos ían ao goberno civil a ver cómo se defendía á república e o gobernador non coñecía a ninguén porque viñera 13 días atrás, mentres Madrid lles decía a tódolos gobernadores que non fixeran nada que aquilo era nada, Galicia queda sen comunicación telefónica (cortada en Valladolid) e só Lugo se dá conectado co Ministerio de Interior durante uns minutos mentres arredor os militares toman o poder, mais o ministro dilles que non fagan nada, mais os fociciais do cuartel de Lugo toman o poder, prenden ó seu superior e toman o goberno civil de clarando o estado de guerra, o golpe de estado é un éxito.

Deeteñen militantes, partidos, funcionarios. Ramón Piñeiro consegue fuxir por amistades do fusilamento e volta a Láncara (onde se salva de varias listas negras que facían na capital) chámano a filas pra combatir no bando feixista na Guerra Civil Española. Trala guerra con 24 anos vai estudar á USC e logo Madrid, onde estuda Filosofía pra tentar darlle senso a todo o que pasaba dentro dil, a guerra, as matanzas de persoas por ideas, a homosexualidade, a visión de Ovnis, etc mentres tentaron recomporse e contactaron coa oposición democrática e fórmase un frente galego vaixa a París e conversa co presidente republicán no exilio Giral e fan que Castelao entre no goberno no exilio como ministro. Á volta foi preso en Barcelona (estando preso en Alcalá de Henares, Ocaña e Yeserías) dende o 46 ao 49 e logo con "liberdade" vixiada, logo casou con Isabel, axuda a fundar a Editorial Galaxia como movemento de resistencia só cultural ante o asoballamento dos Reptilianos da Galiza, sendo soamentes bó recibida a súra creación no ambiente galeguista, no resto do país con pasividade e indiferencia.

Crea a filosofía galega e vive en Santiago de Compostela onde artella a resitencia "G" ante os reptiliáns.

O Piñeirismo[editar]

Debido á pobre situación na que estaban e asoballados polo dominio de Francisco Franco crearon un grupo de resitencia, comenzando a sabotear instalacións dos Reptiliáns, anulando patrulleiros lagartóns, facendo confiscacións de armas... ou sexa tocar ós collóns ó invasor pra que se farte e se vaia.

Mais toda esta estratexia non funcionaba, e Piñeiro viuno así ademais que decía feo ante Occidente democrático que foran de violentos por ahí, que Galicia non era Alxeria vamos! asi que inventou o Piñeirismo, estratexia que consistía en facer o máximo ridículo posible pra que o invasor se faratara de nós e nos deixara ceibes pola vergonza allea que os galegos lle facían pasar. Así en 1958 funda Vaca.org e varios dos seus membros comezan a cambiarse os seus nomes polo de "Subcomediante fulano de tal", ían a manifestacións de apoio a Franco cantando "Somos fachas fachas de verdad", "Gallego Portugués la misma mierda es", "El dialecto que se lo metan por el recto" e asistindo ao máximo número de misas posibles disfrazados eles de toureiros e elas de pantojas.

Debido ó carpetovetonismo dos gobernantes e que Manuel Fraga era ministro no goberno do Estado Español a policía non lles tocaba nin un pelo e Piñeiro deixou de ser vixiado visto o seu novo currículo de converso fervoroso. Por outra banda os exiliados tentaban que voltasen fundar o Partido Galeguista, pero Piñeiro e os seus dixeron que non, que non ían poñer bombas cos cartos que lles querían mandar pra refacer un partido político, mais despois fundou o Partido Socialista Galego, outra parte da mocidade concienciada do país fundou a UPG de carácter marxista.

Xa durante a Transición Piñeiro tense que poñer farruco porque os españois de UCD e do PSOE non lle querían dar o mesmo trato a Galicia que as outras nacionalidades históricas (País Vasco e Cataluña), chega a Deputado no parlamento galego mentres tenta que tódolos partidos en Galicia se volten galeguistas de forma difusa, odiado polos reintegratas polo seu papel nas regras na Lei de Normalización do Galego.

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Ramón Piñeiro.
V  C  E h
Día das letras galegas
Escritores galegos.jpg
Rosalía de Castro (1963) - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964) - Eduardo Pondal (1965) - Francisco Añón Paz (1966) - Manuel Curros Enríquez (1967) - Florentino López Cuevillas (1968) - Antonio Noriega Varela (1969) - Marcial Valladares Núñez (1970) - Gonzalo López Abente (1971) - Valentín Lamas Carvajal (1972) - Manuel Lago González (1973) - Xoán V. Viqueira Cortón (1974) - Xoán Manuel Pintos Villar (1975) - Ramón Cabanillas (1976) - Antón Vilar Ponte (1977) - Antonio López Ferreiro (1978) - Manuel Antonio (1979) - Afonso X o Sabio (1980) - Vicente Risco (1981) - Luis Amado Carballo (1982) - Manuel Leiras Pulpeiro (1983) - Armando Cotarelo Valledor (1984) - Antón Lousada Diéguez (1985) - Aquilino Iglesia Alvariño (1986) - Francisca Herrera Garrido (1987) - Ramón Otero Pedrayo (1988) - Celso Emilio Ferreiro (1989) - Luis Pimentel (1990) - Álvaro Cunqueiro (1991) - Fermín Bouza-Brey (1992) - Eduardo Blanco Amor (1993) - Luis Seoane (1994) - Rafael Dieste (1995) - Xesús Ferro Couselo (1996) - Ánxel Fole (1997) - Martín Codax / Xohán de Cangas / Mendinho (1998) - Roberto Blanco Torres (1999) - Manuel Murguía (2000) - Eladio Rodríguez (2001) - Frei Martín Sarmiento (2002) - Antón Avilés de Taramancos (2003) - Xaquín Lorenzo (2004) - Lorenzo Varela (2005) - Manuel Lugrís Freire (2006) - María Mariño Carou (2007) - Xosé María Álvarez Blázquez (2008) - Ramón Piñeiro (2009) - Uxío Novoneyra (2010) - Lois Pereiro (2011) - Valentín Paz-Andrade (2012) - Roberto Vidal Bolaño (2013)