Rammstein

De Desgalipedia
Rammstein

Os divulgadores mundiais do NDH.
Información
Orixe Swerin, Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Período 1994 - actualidade.
Xénero(s) Rock industrial, Metal industrial, Neue Deutsche Härte (NDH) e EBM.
Selo(s) discográfico(s) Pirolazo records
Membros Christian Lorenz e uns instrumentistas.
Antigos membros Bodan, Marqués de Sade,
Web oficial


Cita1.pngSi, encántanme os seus fogos de palenque e as súas letras sobre sexo anal...Cita2.png
Campino sobre Rammstein.

Rammstein é unha equipo musical de altos decibelios que só cantan sobre sexo raro en condicións aínda mais raras.

Orixe[editar]

Todo comezou na República Democrática de Alemaña onde Till Lindermann era unha muller pero debido a un tratamento hormonal durante o seu entrenamento como nadadora olímpica saíulle pene e tivo que cambiarse de categoría e nos vestiarios descubriu outras formas de pasalo grazas a un novato Christian Lorenz, que o captou para súa seita de BDSM anticomunista. Unha vez reunidos os principais ingredientes foron a buscar algo mais de azucre, atopándoo ao lado dunha Central Enerxética e así tiveron batería, guitarrista e baixista, un emo saído de South Park conseguindo destruir cos seus ruidos o Muro de Berlín guiados por Nina Hagen e a CIA.

Así conseguiron escoitar a Oomph! e ter un estilo apropiado para a imaxe da nova Alemaña, xa saben, coiro e pansexualismo. Iso atrouxo as iras dos curas, popes e do Dalai Lama que non querían que a poboación se divirta porque senón quedan sen traballo. O grupo autobautizouse como "Rammstein", un nome que ten ata 666 significados diferentes e incluso absurdos.

Membros[editar]

  • Marqués de Sade: tratábase dun vello aristócrata gabacho que só se divertía facendo sandwichs... sandwichs sexuais, cunha puta diante e un cirado seu dándolle polo cu e el no medio de ambos azotándoos á vez, deixou a banda ao morrer de varias ETS xuntas.
  • Leopold Von Sacher-Masoch: o que lles prestou á banda os seus traxes folclóricos masocas e lle deu un aspecto super cool antimainstream, deixou a banda cando comezaron a usar o inglés nos estribillos e segundo por vendidos ao sistema.
  • Till Lindermann: naceu co nome de Eva María Totenkopf pero debido a que as autoridades comunistas querían gañar sempre as Olimpíadas déronlle miles de hormonas que o acabaron transformando nun home machote, desde entón canta coma Hitler e publica as súas poesías sobre bolboretas e o sentido da vida no alto dalgunha montaña da Selva negra.
  • Richard Z. Kruspe: emo da BDNA, guitarrista a tempo parcial en outras bandas conseguiu defeccionar da Alemaña democrática para ir ver como lle ía a Nina Hagen cos punks a ver si era certo o que dicían as autoridades comunistas, que morrer de tanta decadencia neoliberal, ao descubrir que non fora así formou a súa propia banda punk se saber que o grunge estaba de moda, arrexuntouse despois coa exmoza de Till Lindermann e logo casou cunha modelo da República Sudafricana da que separouse ao descubrir ela que era el quen lle roubaba o lápis de ollos.
  • Oli o orxías: baixista calvo e con perilla e membro da Igrexa de Satán. Era un miñaxoia no colexio e deixou de estudar, traballou coma estucador pero compartindo piso con Kruspe afeccionouse a tocar música folclórica elécttrica.
  • Paulo Landers: estudou en Moscova (URSS) de forma estaxanovista piano, guitarra, bandurria e harpa irlandesa, casou peor ao ter unha filla divorciouse e desde entón está calvo.
  • Cristovo Schneider: batería da banda e un dos poucos que aínda ten un pelaso, casou coa súa prima de Rusia.

Discografía[editar]

  • Herzeleid
  • Sehnsucht
  • Live aus Berlin (Ao vivo en Berlín)
  • Mutter (Nai)
  • Reise, Reise (Rema, rema)
  • Rosenrot (Rosa Luxemburgo)
  • Völkerball (Collóns proletarios)
  • Liebe ist für alle da (O amor é pra todos)
  • Made In Germany 1995-2011 (Feito na Alemaña)