Real Academia Galega

De Desgalipedia
Coche de bebe.jpg Artigo nos seus primeiros pasos! Este artigo tan só é un bosquexo!
Este artigo relacionado é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Desgalipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.

A Real Academia Galega é o brazo armado da Xunta de Galicia pra que os galegos deixen de falar galego e apredan españolinglés.

Historia[editar]

Fundada a principios do século XX en Cuba (ao igual que o himno e a bandeira, todos os símbolos identitarios de Galicia inventáronse fóra dela) por varios emigrantes comprometidos co país pra dar a Galicia unha chea de científicos pra defender a súa cultura material e einmaterial antes de ser tragada pola oscuridade da Historia.

Desde que foi fundada moitas persoas tiveron a ben entrar nela pra ver se así despois le facían o Día das Letras Galegas no seu honor, manipulala políticamente (xa que tiña prestixio intelectual) e facer que o galego non fose reintegrata. A mediados do século XXI deixou de existir xa que a língua galega non a falaban nin na montaña mais ignota do Courel.

Membros famosos[editar]