Redondela

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Redondela (homónimos).
Redondela
Escudo de Redondela
Virxenevesviso.jpg
Unha virxe con neve no Viso.
Situación
Situacion Redondela.PNG
Xentilicio[1] rotondas e orondas.
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra Vigo
Comarca Comarca de Vigo
Poboación chocos. hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación menores e maiores.
Capital do concello
Política ()
Alcalde Xavier Vas e ves. (Pepe.)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
erecciósi
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
redondela.vgo
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Redondela, (Rotondela pros frikis) é unha vila de Galicia fundada por Xan Barallás como porto de descarga de fariña colombiana.

Historia[editar]

Festa da coca en Redondela... ai non! Que é Gozilla papándose Redondela.

Redondela foi fundada polos Neanderthais, que chegaron a esta zona e viron que podían montar un bo negocio no fondo da Ría e así comerciar co interior, pero debido a que sabían inventar moitas cousas pero non lle sacaban todo o rédito finalmente sucumbiron ante os petroglifenses que canalizaron o río Maceiras e fixeron miles de recheos pra ter un maldito lugar chairo no que erguer unha civilización.

Así fundouse Redondela, o día da inauguración tiveron como madriña a Karina Falagan e de padriño a Manuel Fraga (si, xa existían daquela) o malo foi que o cheiro a caspa de ambos atraeu a Cthulhu e destruiu esta brillante civilización deixando seus restos esparexidos polo Monte Penide e Saxamonde.

Afortunadamente voltouse repoboar, vindo os castrexos e poñer un par de industriais culturais na zona (xa que a zona industrial estaba de Chapela) así montaron a casa da Cultura e o local de ensaio pros músicos (onde van os de The Silence a batuxar) pra convencer a todo o Noroeste da Península Ibérica de facerse galaicos e invadir o mundo, pero adiantóuselle o Imperio Romano que puxo ós antigos redondeláns a dar o callo pescando e sacando ouro e sal dos ríos pra levarse as materias primas a Roma e logo traer aquí os produtos xa manufacturados e cun preo moi superior (nin sequera con desconto os moi madefakas).

Tras varios séculos de explotación ao fin veu o mesías, o señorito da reboraina tomou conciencia do que acontecía coa súa terra e comezou a botar ós colonialistas fóra da Galiza... pra poder poñerse él como cacique máximus e construir o mulle de A Portela (Cedeira, Redondela) pra convertilo co tempo nun porto exterior e facerlle a competencia a Baiona (daquela Vigo era unha aldea). Unha vez conseguida a liberación de Redondela xuntouse con outros coma él e fundaron o PP da boina e anexionáronse Españistán.

Xeografía[editar]

Clima[editar]

Xemelgas de Redondela.jpg

Grazas a que no lugar desembocan varios ríos e está na costa redondela goza dun gran clima tropical en verán e de ártico no inverno, tendo que ter moito coidado se saen ao mar pola presenza de icebergs e submarinos nazis que pupulan pola ría.

Flora e Fauna[editar]

Debido á gran biodiversidade nesta esquina perdida da man do demo podemos atopar a simpatiquísimos animais como o cancadrilo e monstros como o alicornio (en perigo de extinción por mor da medicina tradicional chinesa, que pensa que o corno de alicornio ten superpoderes).

Entre a flora destacan grandes plantacións de marihuana e papoula, que serven no mercado negro pra fabricar produtos siderúrxicos.

Cultura[editar]

Monumentos e lugares de Redondela[editar]

A raíña Isabel II de España fixo poñer aquí pontes do tren para ter sometida á poboación e en canto se lel reboltasen guindarlles trens enriba.
  • Río Alvedosa: que cada inverno inunda esta vila africana e pode ver como entra ata a alameda o Nautilus ou como nos invaden os submarinos da OTAN.
  • Mámoa do rei: onda van as parellas practicar sexo e os curas facer dogging.
  • Monte Penide: onde está soterrados os heroes do Monte Medulio.
  • Fiordo de Vigo: aquí foi onde se librou o mais gordo da Batalla de Rande.
  • Illa de San Simón: onde ían os xograres foder con mulleres da Nobreza, logo foi usado como bosque sagrado do blasfemo culto do sectario Francthulhu. Recibe o seu nome porque aquí estaba fábrica orixinal de viño San Simón.
  • Praia de Cesantes: aquí faise de todo, windsurf, baring, mariscar, orxías, misas á Nai de Deus, misas a Dagon... e mesmo podes ir a pé ata a Illa de San Simón e de San Antón; a parte mais famosa desta praia é o lugar de "A Puta" por onde pasa o paseo marítimo mira ti que ben.
  • Praia de Arealonga: onde van os chapeiros de Chapela(de ahí lle ven o nome).
  • Camiño da Franqueira: ruta de apostasía cara A Franqueira, hai que ter moito coidado nesta ruta cos lobishomes.
  • Enseada de San Simón: remate da Ría de Vigo, no seu fondo descanasa os galeóns cheos de ouro e prata que cada ano desvalixa o Capitán Nemo dende o seu submarino nuclear Tiphoon 666.
  • Monte da Peneda: montaña que pecha a ría, na Idade Media o Arcebispo de Santiago construiu nel un castelo para ver de foder a Pedro Madruga, e tras varias snoites de serenatas o conde de Camiña destruiuno co seu canón láser. Na Idade Contemporánea o IV Reich Galego instalou aquí os canóns de Navarone e así fixo papilla calquera invasión do Imperio Ianqui.
  • Praia Cabanas: ao lado do estreito de Rande, é a mais grande de Galicia, ten paseo marítimo, bares, hoteis de cinco estalos, tranvía, estación de autobuses, aeroporto, pistas de tenis, futebol..e mesmo un puticlub filial de Karina Falagan... ata que sube a marea e hai que fuxir por patas!!

Os viadutos[editar]

Aproveitando a canle do río Redondela convertiuse en base de submarinos.
  • Viaduto de Madrid: a pesar de estar mal feito aínda está en pé, é o lugar preferido para suicidarse (desde empresarios cachados nunha corruptela ata emigrantes fracasados que veñen sen ser famosos de Madrid).
  • Viaduto de Pontevedra: por aquí veñen os caciques de Pontevedra a expandir o seu anschluss.

Igrexas e outros elementos relixiosos[editar]

Artigo principal: Convento de Vilavella.
  • Igrexa gótica: por onde pasa o Camiño de Santiago (o portugués) e se fan misas negras onde os góticos fan orxías bisexuais sadomasoquistas e venden a súa alma ao Capitalismo.
  • Capela da Virxe das Neves de Feijóo: ten un enorme arco na entrada para que Dagon e Cthulhu poidan asistir a oficios divinos e así converterse en gays e amen á humanidade!
  • Capela da Virxe María na praia de Cesantes: feita seguindo a estética metaloplástica do comunismo ruso.
  • Convento de Vilavella: onde gardaban ás fillas virxes os fidalgos para que non llelas encetasen os gañáns, por iso ten unha torre defensiva.
  • Peto de ánimas de Cesantes: altar da santería cubanogalega.

Pazos[editar]

  • Pazo de Torres Agrelo: aquí refuxiouse Hitler ao perder a IIª Guerra Mundial e logo fuxir cara Arxentina, nos seus pasadizos segredos subterráneos lévanse a cabos orxías como a do filme "Eyes wide shut".
  • Pazo de Petán: da mítica famialia da Casa de Soutomaior.
  • Pazo do Pousadouro: feito por cataláns que trouxeron o capitalismo a Galicia e así a modernizaron dunha puta vez.

Festas de Redondela[editar]

  • Festa da coca: si meus amigos! aquí en Galicia somos tan liberais que temos unha festa da cocaína!! Aproveitando que se desembarca mais fariña aquí que nunha panadería. En Monçao teñen á sá irmá pero en vez de Coca chámanlle de San Xurxo e pasean un dragón.
  • Entroido de Verán: asemblea universal de frikis e zorras que queren vestir de putón Disney.
  • Festa do Choco: ritual caníbal dun pobre marisquiño que non lel fixo mal a ninguén.
  • Festival de Títeres: festival de vudú europeo.
  • Festa da mazá: festa dos celtas, celébrase no outono para facer que o ano vaia mais rápido e o inverno pase correndo.
  • Festival Sinsal: ata que non desembarcas en San Simón non sabes a quen carallo vas escoitar... bueno mentres non sexa a Alaska...
  • Festa da orella: aproveitando a matanza do porco...
  • Festa do mexillón: antes de que veña a toxina comunistoide.
  • Artelixo: festival canflauta (se resulta que ao final Redondela ten mais friquis que Vigo)!
  • Arde Rande: Xevis machotes dándolle ás tratocaster baixo a ponte colgante.
  • Festival milo verde: festival labrego onde fan rock entre o millo e claro... despois aparecen sinais no millo, os famasos "crop Circle".
  • Lúa Meiga: xuntanza de folkies a invocar a Breogán e Eduardo Pondal.

Redondeláns famosos[editar]

  • Ernestina Otero: gran mestra do frikismo galego, conseguiu derrotar a Francthulhu mediante as Palabras de San Xoán retorneadas.
  • Rincón Amado: cultureta e alcaide de Redondela polo PP.
  • Xesús Pérez Varela: entre outras cousas estivo na Xunta de Galicia como conselleiro de cultura e dixo que lle encantaba oír á cantante "Carmina Burana".
  • Xeneral Antero Rubín: galego imperialista de Redondela, loitou en Cuba contra os cubanos dereitistas de Miami e contra os Estados Unidos de América.
  • 3 bajo cero: grupo de glam pop.
  • Durán Clemente: un dos capitáns da Revolución do caraveis.
  • José Angel Egido: o xefe borde de "médico de Familia".
  • Nocheni: adorador de Satán e do rock.
  • Malhijo Pérez Sobrino: xornalista socialdemócrata, alcalde e presindicalista.
  • The Silence: grupo de metal, pero non traballannos estaleiros eh.
  • Marxe Esquerda: grupo musical de punk marxista esquerdista.
  • Javier Bas: banqueiro e alcalde.
  • Caramuxo Vermello: banda musical de anarkas galeguistas WTF?

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela
Escudo de Redondela.jpg
Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Redondela.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Vigo
Comarca de Vigo
Baiona
Baiona
Fornelos de Montes
Fornelos de Montes
Gondomar
Gondomar
Mos
Mos
Nigrán
Nigrán
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén
O Porriño
O Porriño
Redondela
Redondela
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Soutomaior
Soutomaior
Vigo
Vigo
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa