Rei Artur

De Desgalipedia

O rei Artur foi un rei de Inglaterra que loitou contra o mal, fundou Camelot e a Orde de cabalería e logo marchou á procura do Santo Grial.

Traxectoria[editar]

Artur con Xenebra e Morgana.

Artur naceu en Penishtower, fillo de Joputa Pendragon, rei de Gran Patraña, e a duquesa de Madhorse, á cal violou estilo Zeus, facéndose pasar polo seu marido, en guerra daquela contra o Pendragon. Éste perdeu a batalla debido a seus moitos pecados carnais que lle valeron ter moitos fillos ilegais e polo tanto bravos que andaban por aí provocando conflitos internacionais de tal forma que o reino foise ao carallo ao non ter rei e ficar a terra sen quen a fecundase seguindo as vellas teorías celtas.

Artur foi criado por Gandalf, aínda que o tiña que haber feito Merlín pero daquela xa estaba en Mondoñedo perdidiño, Artur foi educado mamando leite dunha cabra e logo entregado ao Duque de Blackadder, A víbora negra, ata que un día cando Artur era mozo pediu que lle levasen cervexa ao monte Forestgump onde estaba xunto a outros nobres tentando arrincar unha espada dun iunque sobre unha rocha. Todos quedaron parvos cando viron que Artur o facía sen esforzo algún, ignorantes de que levara a cabo o teorema de Pitágoras, segúndo o cal se queremos separa X de Y debemos exercer unha forza nun plano de inclinación de tal forma que se aumentamos o valor de X respecto de Y poderemos facer que a forza da gravidade xogue a noso favor ao quentar de forma ininterrumpida o iunque, que é de metal, abrandándoo, e así poder extraer sen esforzo a descoñecida espada (Excalibur foille dada pola Dama do Lago, tía de Morgana) dese sitio. Así foi como Artur foi nomeado rei.

Nembargantes o resto da nobreza non estaba moi segura de que aquilo fose un camelo asi que comezou un Game of Thrones entre as casas de Penishway, Asshead, Penishleg e Fucktheass, vencendo a Casa Penishdragon, así Arturo foi rei de Gran Bretaña (non confundir coa pequena Bretaña ou aínda coa Britania, nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña) para deter o resto desta guerra civil Artur casou con Xenebra, ousexa, que se deu á ginebra Larios para esquecer os crimes da guerra e así todos contentos, aministía pra todos. Debido a que na última batalla perdera a súa espada Merlín levouno ao puticlú mais cercano, pero alí tampouco estaba menos mal que a Dama do Lago lle regalou unha espada máxica, Excalibur, coa que podería matar sen recibir dano algún.

Arturo fundou Camelot, a súa capital desde onde imparte xustiza... e revibe os impostos de tódolos britanos, asi como dezmos, alcábalas, reais de vellón, pontazgos, peitos, luctuosa, etc e etc, tantos impostos servían para manter o luxo de Camelot e dar de comer aos cabaleiros da táboa redonda, onde se reúnen os cabaleiros para contra as súas aventuras matando dragóns e salvando a lindas doncelas, MENTIRA!! En camelot reúnense para contar a cantas labregas violaron, cantas aldeas destruíron por placer, castelos pobres que asaltaron por deporte, nenos que esfraelaron contra o chan por facerse os malotes, etc incluso unha noite de botellón Artur fodeu coa súa irmá pensando que era Leia Organa. Para facer política e levarse ben cos reis veciños casou a Morgana cun rei vello e feo, isto nunca llelo perdoou ela ademais que Artur enviou ao estranxeiro a seu amor, asi que Morgana tivo ao fillo de Artur e o educou para odiar a seu tío/pai e con razón!!

Aproveitando un día que Lanzarote do lago andaba poñéndolle os cornos ao rei Artur o fillo de Moragan e Artur grabounos co móvil e llo levou ao seu tío/pai, éste montou un xuízo farsa e condenouna a morrer na fogueira, pero Lanzarote salvouna e fuxiu a Francia, onde o avó de Carlomagno se viu na obriga de reenvialos a Angleterre debido ao tratado de extradicción. Artur foi buscar a Xenebra á estación de Plymouth para fusilala alí mesmo e deixoulle o trono a seu sobriño/fillo Mordred, este aproveitou o descontento do reino e que Artur non tiña raíña para quedarse co poder, e cando Artur regresou botoulle en cara que nunca o quixera e demais reproches xustificados. Pero Artur viña quente porque Xenebra non quería saber mais nada del e entablou batalla contra o rexente posto por el mesmo, matándoo na batallla e morrendo el, menos mal que antes entregou Excalibur á dama do lago.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Rei Artur.

Outros artigos[editar]