Rei Cintolo

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Rei Cintolo
Cintolo.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XII D. de C.
Argomoso, Mondoñedo Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Reinar de fora ideal.

O Rei Cintolo foi o monarca do reino de Bría, agora o Monte da Farrapa na parroquia de Argomoso, concello de Mondoñedo (Lugo).

Vida e ideais[editar]

O rei Cintolo nasceu dunha familia pobre que vendeu ó seu fillo a un nobre señor como criado, xa que tiñan demasiados fillos, na casa do señor feudal adquiriu unh aboa educación a base de tratar con xente educada no amor cortés e un traxe dos domingos; foi subindo na xerarquía dos criados do pazo e conforme pasaban os anos gañando en beleza e donaire.

Un día tivo que acompañar ó fillo do duque ó oráculo do rei das Tartas, indo de camiño aló o fillo do duque tentou abusar del e facerlle sexo anal mais Cintolo deulle un caxatazo tremendo nos juevos e o deixou morto, sen querer, ao lado do camiño. Ó ver no fregado no que se metera arrastrou o cadaver fóra da vista dos viandantes e deu en pensar como saír con ben daquela, inventou se unha historia e regresou ó pazo.

Alí contou que polo camiño os asaltara a cuadrilla de Pepa a Loba e que mataran ó fillo do duque ó non querer éste darlles o seu rolex (que por outra banda era made in China) e só él puidera salvarse da matanza simulando estar morto, así Cintolo pudio salvar o pelello, e debía ser que era desexo dos deuses porque o duque no seu dor pola perda do fillo deu en achegarse a Cintolo e colmalo con todo tipo de atencións e mesmo o ordeou cabaleiro e o mandou á corte do Rei Artur (tal e como faría co seu fillo) onde o mandou sentar no Asento Perigoso viviu múltiples aventuras entre as sabas da raíña Jennifer e con varios dos cabaleiros (Lancelot, Gawain, Galahad...) cando regresou ó pazo no que se criara o duque recibiuno como seu fillo mais tivo que enfrontarse ós parentes do aritócrata, xa que éste muara o seu testamento e fixera vinculeiro a Cintolo, éste consegiu escapar polas guedellas de varias celadas e emboscadas, así como de putas cos seus calices con viño envelenado (nótese a fina parábola en vez de decir putas con varias ETS enriba).

Cando o duque morreu Cintolo chamou á súa familia e foi coroado duque por eles e os servos leais do duque, o resto de vasalos e os malos parentes do duque erguéronse en armas contra él coa axuda de varios señores da contorna que querían sacar tallada do asunto, mais Cintolo consegiu vencelos coa axuda da súa espada Milmanda e dos deuses Bandua e Lugh; inaugurou un novo reino e construiu unha cidade co seu castelo na Farrapa (que os mouros chamaron Alfarrapa).

No seu novo reino viviron felices os vasalos, os mouros, mouras, xacios e casou coa deusa Deva (algúns copistas medievais o leron mal e puxeron Raíña Lupa no pergameo turístico), tendo por filla á princesa Xila que tivo que ser educada por varios druidas pois súa nai andaba de treba castrexa en treba castrexa. Debido á educación ideal da filla ésta era moi pouco pragmática e cando chegou o momento de casala xurdiron os problemas, xa que era ela a transmisora do poder so seu pai á seguinte xeración.

Todos os pretendentes conseguiran os seus feudos e reinos a base de forza bruta (asasinatos, batallas, envelenamentos...) e enganos (puñaladas, mentiras, preferentes financieiras, quebra de reguas sen avisar, etc) asi que a princesiña non se quería casar con ninguén e os pretendentes acampaban ás súas portas agaradando que se decidise por algún deles. Ata que chegou un conde novo, honrado e pouco rico chamado Uxio moi simpático (porque a decadencia da súa liñaxe llo obrigaba a selo pra cautivar ós seus rivais) e foi seducindo á princesiña Xila a base de chistes, azotarlle o por sorpresa e xogar con ela ó trompicallo sen ter celos cando o xogaba co seu cabalo preferido. Finalmante ela aceptou casar con el e anunciaron que se casarían tres días despois.

Mais ao día seguinte apareceu Manilán Aznar González e varios rexementos da garda civil, un noxento feiticeiro que ameazou a todos con matalos se non a princesa non casaba con el, o prometido Uxio pediu un combate singular e loitaron Manilán e Uxio baxio o salto do Coro. Finalmante tras varias fintas, liñas, fondos, contraataques, marchas e rompidas Uxio matou a Manilán espetándolle a súa espada no terzo suprabdominal dereito e seccionándolle a arteria cava xunto ao fígado (que se debe fritir con cebolas pra que quede rico) e o duodeno (que unha vez recheo con carne e allo é un primor) e así manilán morreu, mais éste gardaba un as na manga e un feitizo postmorten actouou na outra banda do monte, tragándo seo reino e castelo de Bría cos seus habitantes dentro, incluida Xila a princesa idealista e o Rei Zintoloo.

Cando o conde Uxio voltou a Bría non a atopou, no seu lugra só estaba unha cova, producto do feitizo postmorten de Manilán, deseperado por dar coa súa herdanza o conde Uxio meteuse na cova tras prenderlle lume a súa espada e perdeuse dentro das entrañas do monte Farrapa, hai quen di que en días sinalados sae unha dona á entrada da cova a chorar e a insinuárselle á xente a ver se a desfeitizan.