Rei Duio

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Rei Duio
Rei DUIO.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. I D. de C.
Duio, Fisterra Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Reinar sobre os nerios de Duio vello.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Emperador NerónCita2.png
Google sobre Rei Duio

O rei Duio era o régulo de Duio, aliado da Raíña Lupa, tendo capital da súa sé en Dugio (que logo foi asulagada debido ó cambio climático que fixo subir o nivel do mar).

Orixe e goberno[editar]

O Rei Duio nasceu dentro da familia Nemio, do Dugio (actual Duio Vello) na tribo dos Nerios (tribo Galaica).

Debido ó cambio climático provocado polas industrias do Imperio Romano os nerios tiveron que cambiar de capital debido á subida do nivel da auga, que fixo que a súa cidade perdera os miles de turistas que os viñan ver e tivéronse que adicar a pescar como os seus veciños, entrando nun conflicto pesqueiro (tipo Guerra do Fletán) debido a que os bancos de pesca xa estaban asignados aos pobos veciños (Vigo, Castromiñán, Mallas, Sardiñeiro e Castrexe), para poder vencelos chamou no seu auxilio á Raíña Lupa, que gracias a un exército de putas calmou o ánimo de todos e impuxo a Pax Padronensis, mais adiante esta alianza causaríalle máis dun disgusto.

O Primeiro desgusto foi cando a Raíña Lupa lle ordeou facer unha área franca, desprovista de impostos, pra que Citroën puxer aunha factoría no lugar de Vigo (Fisterra), aquilo converteu aos indíxenas en máquinas de soldar artefactos da Idade do Ferro e voltaron tolos de tanto traballar, pra curalos tivo que chamar a Vestio Alonieco elle purificase á peña.

O segundo foi cuns cristiáns que teimaban en que a Raíña Lupa se fixera monxa e lles deixara o poder a eles, a raíña envioullos e o Rei Duio, que pensou que quería que os formara militarmente e fíxolles correr montaña arriba e montaña abaixo pra facer deles uns bos soldados, pero os cristiáns pensaron que os querían violinar e logo foron por ahí dicindo que o rei os quería meter e aceite fervendo por non seren pagáns coma él e escribindo nos xornais de El Mundo, La Razón, La Voz de Galicia, FAES, HazteOir.org, COPE e demais que o rei Duio era un rojo anticlerical, ante iso o Rei Duio colleu e fundou a catedral de San Guillerme no mesmo Cabo Fisterra, pero non lle serviu de nada porque xa o puxeran a parir todos os medios de comunicación elle fixeron unha Cruzada Nacionalcatólica que lle deixou o reino todo arrasado.

O Rei Duio rematou por vivir no Outro Mundo onda os Mouros tras perseguir sen descanso un xabaríl pra poder comer algo.