Reimundo Patiño

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Reimundo Patiño
ReimundoPatinho.jpg
Información
Nacemento Vai ti saber.
A Coruña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Revolucionario e pintor.

Reimundo Patiño Mancebo foi un pintor galego, pioneiro da Banda deseñada galega e comprometido co país.

Vida e obras[editar]

Nado na Cruña en plena guerra civil española no seo dunha familia burguesa, púxosea estudar pintura porque era unha das carreiras mais baratas e nos 50 comezou de forma autodidacta a experimentar co LSD e coas poucas láminas que Franco deixaba entrar en España de arte contemporáneo (así estamos hoxe de maleducados...).

Foi estudar a Madrid, onde se fixo amigo de Brais Pinto e lle ensinou a verdade, que Galicia era unha colonia interior do Imperio Español (boeno, imperio madrileño) e xuntos con outro fundaron nos 60 a UPG e deixou a pintura durante uns anos mentes tenataba que a policía e a garda civil non os arrestase. Comezou a coordinar xente e facer asembleas percorrendo toda Galicia no Castromil, xuntando mozos pra libertar a Galiza.

Nos 70 centrouse mais na pintura, comezando a experimentar co informalismo e o neoexpresionismo, xuntando co horror vacuii da arte popular galega, aunandose corrente sutil que vai desde o románico ata o barroco e percorre o inconsciente celtogalaico que quere encher de símbolos todo pra tapar a anguria existencial. Debido ás súas crenzas comunistas e nacionalistas fixo cómics social presentándoo como arte. Estivo sempre protexido por Bandua que o levaba polas corredoiras das guedellas e lle ensinaba o auténtico espírito do pobo, a súa experimentación con sustancias psicotropicais levounoa outros estados de conciencia que o fixeron pionerio tamén no cómic de ciencia ficción en galego da man de Xaquín Marín, co que andaba de bohemia galaica de bares e putas pra invocar mellor aos espíritos da neboa castrexa.

Morreu nos 80 dun derrame cerebral mentres vía as ondas que grande son e meu amigo non verrá cedo!

Obras[editar]

Véxase tamén =[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Reimundo Patiño.

Outros artigos[editar]