Reino Suevo

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Suevos Reich/Reino Suevo de Galicia

409–585

Bandeira

Himno: Suevorum Über Alle
Extensión máxima do Reino Suevo c. 455 dC
Capital Braga
Lingua Latín (oficial), alemán e Latín vulgar (maioritario)
Relixión Paganismo xermánico (inicialmente entre a elite logo rural)
arrianismo (na elite)
Cristianismo calcedoniano (entre os plebeos)
Goberno Monarquía
Rei
 • 411-438 Hermerico
 • 438-448 Requila
 • 448-458 Requiario
 • 570-583 Miro
Historia
 • Invasións bárbaras da Península Ibérica 409

O Reino Suevo foi unha estrutura sociopolítica que fixo de Galicia un país glorioso que case muda a historia do mundo de arriba a abaixo.

Orixes[editar]

Unha lexionaria dos suevos.

Todo comezou cando o Imperio Romano meteu nesta provincia romana ao pobo dos suevos e debido a que éstos non cobraban impostos todos os galegos do momento se pasaron a eles e independizaron o lugar.

Historia do reino Suevo de Galicia[editar]

Hermerico fundou o reino Iª Reich Galaico, mentres os suevos ocupaban a cúpula de poder os galegos ocupaban os postos productivos polo que vivían mellor e sen procupacións, debido á inestabilidade doutras provincias da Península Ibérica o rei Requila tivo que ir por orde en Andalucía e Navarra, logo os españolistas visigodos acusárono de querer invadir toda a península e atacárono coa excusa dun barco afundido en extrañas circunstancias en Portucale e de que lle ían levar a democracia á Galicia profunda.

Esta guerra imperialista fixo caer á dinastía sueva e que o reino se dividise en dous, gobernando Frantán o Norte e o Sur foi gobernado por un mercenario dos visigordos, esta situación só durou un ano debido a que o übermensch Maldras reunificou o reino, isto non gustou moito ao Pacto de Varsovia e enviaron a un asasino do KGB/SVR que matou a Maldras pero non obtivo o subxugamento ao imperio visigótico; este asasinato conspirativo fixo inestable á coroa sueva e o herdeiro, Remismundo foi expulsado por Frumario e Requimundo que dividiron or eino en dous mentres Remismundo encetaba a guerra dinástica conseguindo reunificar o reino catro anos depois.

Foto de familia dos suevos coas súas armas.

O reinado de Remismundo fixo de Portugaliza o imperio do liberalismo... económico! mal pensados... a éste seguiulle Teodemundo, que legalizou a marihuana, o libre pensamento, o matrimonio civil, o divorcio e eliminou as subvencións á Igrexa católica razón pola cal case o borran da Historia menos mal que Deus non nos deixou da súa man e nos enviou a San Andrés de Teixido e así o seguinte rei suevo, Carriarico convertiu aos suevos ao catolicismo os cales foron bendecidos coa entronización do rei suevo Ariamiro, debido a que os os suevos non eran fillos de Caín e polo tanto tampouco españois, non se adicaban a matar a seus primos e irmáns para colocarse no trono, éste pasou a Teodomiro, logo a Miro, tataravó de Miro Pereira e co cal case funda España pero os visigordos nazis impedironllo e mesmo asasinaron a San Hermenexildo e foron enviados por Satán a destruir o único reino católico da zona estando de rei Eborico, que cagou nos pantalóns e asinou o Tratado de Versalles cos Visifofos, isto non gustou moito á nobreza suevogalaica que lle deron un golpe de estado e pasou a reinar Andeca, que conseguiu resistir durante un ano aos exércitos Visigogós e rematou desparecendo co reino no ano 585.

Xeografía[editar]

O reino Suevo ocupou parte do Noroeste celtibérico, o que hoxe ven sendo toda Galicia e Norte de Portugal.

Infraestructuras[editar]

Transporte[editar]

As calzadas romanas seguiron a ser usadas e refeitas, abríndose novos camiños cara aldeas novas que xordiron e recuperando camiños que subiron de novo cara os castros abandoados durante a romanización.

Medios de comunicación[editar]

o reino Suevo mantivo e conservou as calzadas romanas, mentres que grazas á súa política exterior segiuse a comerciar co resto de Occidente, así como cos restos do Imperio Romano, agora chamado Bizantino, e os reinos europeos.

Cultura[editar]

[[Ficheiro:|Ó quedar o Vaticano sen cartos para pagar putas e gladiadores cada provincia tívose que buscar a vida, e así xordiron os xograres e fistores.]]

Comezáronse a construir as primeiras igrexas para invocar a Deus e Xesús de Nazareth (algún friki tamén á Virxe María pero pouquísimos).

Demografía[editar]

O reino estivo formado polas etnias galaicoromanos, congros e suevos.

Cidades principais[editar]

  • Braga: capital do reino suevo.
  • Ourense ou Waürensis: tamén foi capital, pero só nos reinados de Remismundo e Frumario.
  • Lugo: a vella capital provinciana romana segiu a manter seu poder deensivo e adminsitrativo, chegando a ser capital secundaria.
  • Tui.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Reino Suevo.

Outros artigos[editar]