Reino de Deus

De Desgalipedia

O Reino de Deus é a época final da Historia, Xesús de Nazareth baixa dos ceos acompañado da Virxe María, xulgan a todo o mundo, destruén coas súas cruces láser ás almas pecadoras e implantan o comunismo real.

Historia do Reino de deus[editar]

A finais do século XXI(según o calendario occidental), ano 1654 do calendario musulmán, ano 2879 según o calendario do Imperio Romano... veu o Anticristo e convenceu a todo o mundo para ser presidente do mundo mundial, logo comezou a pereseguir aos auténticos crentes, éstes desexaron estar mortos e finalmente ambas faccións xuntáronse en Israel/Palestina producíndose o Armaggedón entre os USA e a URSS e foise todo ao carallo, Jasús de Nazireth baixou e matou aos que sobreviviran,logo implantou unha férrea teocracia na que todos os humanso eran iguais...de escravos.