Reis Magos

De Desgalipedia

Os Reis Magos (tamén coñecidos como os Magos de Oriente) eran uns magos que cando facían pop xa non había stop.

Tradición[editar]

Nalgúns países (como en Galicia) existe a tradición de representar aos reis traendo os agasallos que os nenos lles pediron nas súas cartas durante a noite anterior á Epifanía. En Galicia a lenda dos Reis Magos foi substituíndo ao longo dos últimos séculos ao apalpador, figura propia mítica ligada á tradición do Nadal da que só fican testemuñas nas comarcas orientais de Galicia.

Orixe[editar]

Son os moi famosos, Baltar, Lady Gaga e Merchi, proveñen do lonxano Oriente e van detrás dun ovni para ver onde nace o Anticristo e tentar matalo antes de que destrúa o mundo, aínda que os satanistas pensan que é para adoralo e facerlle ofrendas de mulleres novas e virxes.

A ruta dos reis magos parte desde Caldea ata Nazareth, pasando por Xerusalén e logo voltan a Caldea por outro camiño, grazas a eles fíxose a masacre dos santos inocentes por Herrodes e logo regresan a casa por outro lado para facer poutra matanza noutro sitio e ninguién pense mal deles. Téñense aparecido en diferentes puntos do mundo e sempre fan profecías milenaristas e logo van a participar en orxías.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Reis Magos.

Outros artigos[editar]