República Norteafricana

De Desgalipedia
República Marróneaux do Norte Africano
[[Ficheiro:|center|250px]]
Capital
 Poboación

Linguas oficiais Inglés
Forma de goberno República fútbolista
 • Total n/d
 • % auga 0
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
IDH Menor que Chile.
Xentilicio Norteafricán.
Fuso horario Meridiano de Darkwich
 • Horario de verán Meridiano de Darkwich +1
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d

A República Norteafricana é un Estado do norte de África.

Historia[editar]

A Historia deste país africano é de todos os países africanos.

No Paleolítico bandas de cazadores pululaban por aquí, no Neolítico experimentaron e crearon a gandeiría, isto supuxo un enorme cambio de durou ata fai pouco neste continente xa que aquí a Idade do Ferro chegou fai pouco, polo que agandeiría tamén a levaron a cabo co sistema de escravitude de tribos inimigas.

Na Antigüidade asentouse aquí parte das Amazonas que fuxían da cólera de Aquiles, crearon aquí un reino semellante ao que tiñan en Europa pero copiando a arquitectura local. Este férreo reino acabou baixo as areas do deserto debido á sobreexplotación gandeira alá a principios da Idade Media, os restos do seu goberno foron absorbidos pola incipiente invasión do Imperio Árabe, que se tivo que enfrontar a algunha que outra líder guerreira, como Xena.

A mediados da Idade Media isto formou parte do Imperio das Almohadiñas, con capital en Marrocos primeiro e logo en Sevilla ata que tiveron que regresar a Marrocos, nesta época os sufís chegaron por aquí traendo un Islam mais mdoerado e feliz co haxix e Música Pop.

Xeografía[editar]

A presidenta imposta por George Bush e Berlusconi.

Atópase no norte do continente, ao norte limita con Tunisia, ao sur con República Centroafricana, ao sur de todo cun pedazo da Sudáfrica, ao leste con Exipto e ao oeste coa Atlántida.

Esta república africana ten costa, antes non, xa que estaba aquí a Atlántida, pero afundiuse por ser pouco cristiá; por iso a costa deste país é como a de Galicia, con montañas costeiras e vales submarinos. Só ten un río pero as súas augas están fervendo sempre debido á calor e ademais os gobernos caciquís sempre tiran nel ós opositores políticos.

Cultura[editar]

A poboación deste país é metade mora e metade negra, uns sons musulmáns e os outros cristiáns cunha minoría animista e vudú. Hai diferentes etnias cos seus propios deuses e incluso isto é asi entre os cristiáns e musulmáns, xa que practican o polisantismo. Así a etnia dos xabóns ten como patrón ao Cristo de Mwbané (que non ten nada que ver con Xesús de Nazareth xa que este cristo africano é guerreiro e caralludo) mentres que a etnia dos Mbongo ten como patrón á Virxe María do Ktombwú (que non ten nada que ver coa Virxe María xa que esta virxe é guerreira e gosta de levar un colar de cabezas de moros).

Entre os musulmáns pasa o mesmo, os tuareg deste país teñen como patrón e única divindade á que rezan, porque Alá está moi lonxano, a Musa ibn Hellowin, un santón do deserto; mentres que os moros da costa teñen como patrón ao santón Hammed bin Trapen, un santón mais pacífico pero altamente mais xusticieiro co anterior.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Países do mundo · África
Autobús extremeño perdido na borda entre Alxeria Mauritania e Sahara.jpg
Alxeria - Angola - Benin - Botsuana - Burkina Faso - Burundi - Cabo Verde - Camerún - Chad - Cimbabue - Comores - Congo - Costa do Marfil - Eritrea - Etiopía - Exipto - Gabón - Gambia - Ghana - Guinea - Guinea-Bisau - Guinea Ecuatorial - Lesoto - Liberia - Libia - Madagascar - Malaui - Malí - Marrocos - Mauricio - Mauritania - Mozambique - Namibia - Níxer - Nixeria - Quenia - República Centroafricana - República Democrática do Congo - República Sudafricana - Reunión - Ruanda - San Tomé e Príncipe - Seixeles - Senegal - Serra Leona - Somalia - Suacilandia - Sudán - Sudán do Sur - Tanzania - Togo - Tunisia - Uganda - Xibutí - Zambia

Outros territorios
Canarias - Ceuta - Madeira - Mayotte - Melilla - Illa de Reunión - Sáhara Occidental - Santa Helena